Máis de 200 deportistas de toda Galicia participaron esta fin de semana no campionato galego de Salvamento e Socorrismo na piscina olímpica municipal.

Un recoñecemento que certifica a calidade ambiental, a accesibilidade e o compromiso coa sustentabilidade dun dos principais recursos turísticos do concello. Esta Senda, que percorre boa parte do litoral naviego, volveu a ser distinguida polo programa Carreiros Azuis de ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor).
O percorrido guiado por Ana Pena permitirá aos participantes conectar o camiño do Foxo co paseo litoral visitando os recunchos máis salientables como a curiosa "Tableta de Chocolate", os asentamentos castrexos, os obxectos atopados e a importancia que tivo e ten Cabo Burela. Unha boa oportunidade para coñecer o patrimonio de Burela que ademais estará en festas coincidindo ese día coa confección das alfombras florais. O paseo circular de 4,5 km comezará ás 11:00h. Todo aquel que esté interesado deberá anotarse no 654 99 68 57. A visita ten un custo de 10€ para os maiores e 5€ para os pequenos.
Recibiron diplomas e lotes de libros. Todos participarán na fase provincial. A edil felicitounos e animounos a seguir creando: “grazas a todas e a todos por participar. Anímovos a seguir creando, xa sexa a través da escritura ou do debuxo, xa que vos axudará a medrar como persoas”.
O Xebra! foi inaugurado en 2013 durante as festas patronais. Ano a ano, a axenda da asociación complementou cos seus concertos a programación dos días grandes da vila. Desta volta, o evento chega a unha cifra especial. Celebraranse os doce anos cun cartaz cunha pinchada colectiva das socias e os concertos do dúo punk Pladür e o DJ Signora Anido. A entrada do venres será de 2€ para socias e 3€ para non socias, mentres que a do sábado será de 8 e 10 euros, respectivamente. O local abrirá a partir das 22:30 horas.
Este xoves 29 de maio, ás 20,30h., na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo, a A.C. Francisco Lanza organiza a presentación da novela xuvenil "Cartas na escuridade", de Lois Pérez. Este relato xuvenil levou o premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno. Teresa González Piñeiroa, profesora de Lingua e Literatura Galegas no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, vai conducir o acto.
A iniciativa foi promovida polo propio colectivo. O director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández, sumouse ao acto, no que lle trasladou o recoñecemento da Xunta ao artista sarriao, multiinstrumentista e luthier que destaca entre as principais figuras do panorama musical galego.
O posto amosa as novidades editoriais como "Mudar en común: Galiza 1959-1982", un estudo sobre a transformación estrutural da sociedade rural galega da historiadora Alba Díaz Geada que se presentou pola mañá, ou "A escola de náutica e comercio de Ribadeo, de Antonio Prado Gómez, que se presentou pola tarde na Biblioteca Municipal, antiga sede da escola. Estes e outros títulos da editora institucional están a venda nas librarías da feira.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital