A Mariña, sábado 24 de maio de 2025. A situación vivida no Hospital da Mariña esta semana, donde as direccións do Hospital e da Área Sanitaria exerceron sin ningún tipo de escrúpulos unha burda represión contra os profesionais e pacientes que alí se concentraban pacíficamente, igual ca en días anteriores, é algo inaudito e que reflicte claramente a incapacidade e a negativa e a cerrazón tanto da directora do hospital coma do xerente da área sanitaria a solucionar calquer tipo de problema na sanidade pública.
Desde o BNG, o responsable comarcal Antonio Veiga afirma que “hai que ter moi pouca vergonza para pediren a directora María José Cortés e o xerente Ramón Ares que non se instrumentalice a sanidade cando eles dous en días pasados participaron xunto co Conselleiro de Sanidade nun acto partidario e propagandístico do Partido Popular” que engadíu tamén que “parece que lles preocupa máis a normativa de instalación de pancartas que a lexislación sanitaria, que eles cambiaron para suprimir a nosa Área Sanitaria”
Preguntas no Parlamento
Pola súa banda, Daniel Castro manifestou o seu desexo que no Parlamento expliquen as actitudes da dirección do hospital e da xerencia da área, e para eso rexistrou varias preguntas para resposta oral e escrita tanto en comisión coma en pleno. “Esto non pode volver ocurrir, porque os pacientes, os profesionais e os veciños e veciñas da Mariña merecen respecto por parte da dirección do Sergas, máxime despois de todo o que están a sufrir desde O Vicedo a Riotorto por toda a comarca co desmantelamento que o PP está levando a cabo na sanidade pública”, concluíu.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



