Trabada, 6 febreiro, 2020. O Partido Popular de Trabada demandará no pleno explicacións á alcaldesa sobre o proxecto anunciado polo Concello o pasado ano para o mantemento de unidades educativas no CEIP Plurilingüe Celso Currás, e que consistía en que a entidade local poñía a disposición dos interesados unha vivenda gratis se a cambio escolarizaban a dous o máis fillos con idades comprendidas entre os tres e os seis anos.
Concretamente, foron unhas 16 familias de Lugo, A Coruña, Ourense, A Rioxa e Cidade Real, as que se interesaron pola oferta, reunindo varias delas o requisito de ter, como mínimo, dous fillos nas idades indicadas. Pola súa banda, o Concello, para levar a cabo este proxecto, dispuxo de dúas vivendas rehabilitadas e equipadas, ademais de dúas casas rurais. Familias con nacionalidade venezolana e colombiana tamén amosaran o seu interese nesta iniciativa.
O que pretenden os populares é saber se a entidade local está a cumprir os obxectivos previstos, agardando que non se empregase “este asunto para facer política coa xente”. “Cremos que a alcaldesa debe de render contas, pois o proxecto ten a suficiente envergadura como para facerlle un seguimento. Esas familias viñeron a Trabada cunhas condicións que, cando menos, se lles deben de facilitar. Iso é o que nos interesa saber, que estean contentas no noso concello e estean a emprender a súa vida satisfactoriamente”, remarca o voceiro do PP, José María Fernández.
E é que, segundo apunta Fernández, “sería moi lamentable que este proxecto fose só usado para acaparar titulares nos medios e uns cantos votos. O que queremos é constatar, en definitiva, é que a alcaldesa está traballando para as persoas e non usándoas para o seu interese político”, conclúe.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



