Santiago de Compostela, 27 de Febreiro 2020. O BNG avanza na conformación das candidaturas rematado o proceso de elección da militancia a través das asembleas comarcais por todo o país. Nese proceso, as bases nacionalistas expresaron un apoio unánime ao traballo do grupo parlamentario, apoio que é recollido pola dirección nacional cunha proposta na que as persoas até agora deputados e deputadas repiten posto nas listas.
Neste sentido, e facéndose eco da valoración da militancia, a Executiva nacionalista formula como proposta que a candidatura pola Coruña repita como número dous Xosé Luís Rivas, -toda vez que a portavoz nacional é candidata á Presidencia encabeza a lista por esta provincia-; que Olalla Rodil volva liderar a candidatura por Lugo; Noa Presas a de Ourense e a de Pontevedra por Luís Bará. A tamén deputada na pasada lexislatura, Montse Prado, repite igualmente como número dous na lista por Pontevedra.
Esta proposta supón un referendo das bases ao traballo político, de denuncia e de presentación alternativas desenvolvido polo grupo parlamentario, incluído o seu labor de defensa de todas as cuestións claves para a maioría social do país.
Temas como a sanidade e os servizos públicos, os sectores produtivos, a igualdade real, a loita contra a precariedade, a denuncia da discriminación do Estado, a presentación de alternativas en materia de financiamento, infraestruturas, dereitos e liberdades, así como para incrementar o autogoberno real de Galiza. Ao que se suma un rigoroso traballo de control ao Goberno de Feixóo e de alternativas a década de desfeita do Executivo do candidato do PP.
Desde Allariz, a portavoz nacional e candidata á Presidencia, Ana Pontón, destacou que se trata de candidatos e candidatas que avanzan o perfil das listas que o BNG vai presentar o 5 de abril, combinando renovación e experiencia, cunha aposta decidida pola presenza das mulleres e da xente nova.
“Apostamos por poñer as mellores persoas para darlle confianza aos galegos e as galegas sobre a solvencia do proxecto do BNG para liderar o cambio real a partir do 5 de abril”, salientou Pontón, “apostamos por aquelo que funciona, por persoas capaces e formadas que lle deron voz aos grandes problemas da sociedade galega e esta experiencia é un valor que enriquece ás candidaturas do 5A”.
A líder nacionalista avanzou que a proposta que a dirección nacional vai someter a votación do Consello Nacional tamén incorporará “novidades importantes que suporán unha aportación relevante”, convencida de que o Bloque “ten as mellores candidaturas e a mellor alternativa programática” para pedirlle a confianza desa maioría social que quere cambio real.
Unha presidenta coas mans libres
“Demostramos que temos canteira, que temos persoas preparadas e tamén dispostas a dar a cara e a comprometerse con Galiza, e iso é importante porque urxe abrir unha nova etapa e a única garantía de cambio real é o BNG coas mans libres e para defender os intereses deste país. O que non precisamos é máis sucursalismo de forzas estatais ás que lle marcan o paso desde as súas dirección madrileñas”.
“Os galegos e as galegas necesitan unha presidenta que defenda os seus intereses ante todo, e esa opción é a do BNG”, recalca Pontón. A candidata nacionalista salientou que “a palabra de Feixóo vale moi pouco e está claro que se o PP precisa de VOX da igual votar VOX que PP porque o resultado vai ser o mesmo. Senón fose así Feixóo non tería avalado os pactos coa extrema dereita”, conclúe.
A conformación das listas electorais concluirá coa aprobación definitiva por parte do Consello Nacional, máximo órgano de dirección entre asembleas, este sábado 29, poñendo fin a un proceso desde a base no que participaron cerca de 1.500 persoas en 25 asembleas comarcais por toda Galiza, incluída a da emigración por vía telemática.
Como resultado desas asembleas, a militancia trasladou á dirección do BNG 234 propostas de candidatos e candidatas, coa constatación dun apoio unánime de todas as asembleas á hora de poñer en valor o traballo do grupo parlamentario.



















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



