A Pastoriza, a 22 de febreiro de 2020. Os populares da Pastoriza esixen a mellora da estrada municipal que enlaza coa LU-122 e a LU-125 ao seu paso polos Currás, en Bretoña. Deste xeito, dende o Grupo Municipal do PP súmanse á reivindicación dos veciños e veciñas que piden a mellora desta vía que se atopa en “total estado de abandono” como se pode apreciar en varios puntos onde “está desfeita a causa da acción da auga que discorre por ela”; xa que “as cunetas non están limpas e non pode discorrer por elas”.
Os concelleiros do PP manifestan que “o goberno local é coñecedor desta situación porque en numerosas ocasións os veciños e veciñas lles achegaron as súas queixas ante as dificultades que sofren a diario para poder entrar nas súas propiedades e, incluso, para acceder ás súas propias vivendas”.
O voceiro dos populares, José Bouso, sinala que “esta estrada leva directamente a vivendas particulares e, en época de choiva faise case impracticable” e, polo tanto, “é case imposible circular por esta vía”. Incluso “os veciños e veciñas teñen que utilizar outras estradas como alternativa”.
Ante esta situación, dende o Grupo Municipal Popular sitúase do lado dos veciños e veciñas de Bretoña e, polo tanto, pídenlle ao goberno local PSOE-BNG que, dentro das competencias que lle corresponden, “tome medidas canto antes para solucionar esta situación que crea molestias e malestar entre os usuarios e usuarias”.
De feito, Bouso salienta que “esta mesma situación se vive na maior parte das estradas de titularidade local do termo municipal pastoricense” porque “as cunetas non se limpan e a auga que invade as estradas acaba por danalas. É lamentable que as vías de comunicación do noso municipio presenten este estado de abandono, mentres que o goberno bipartito continúa mirando para outro lado sen dar solución a un dos principais servizos públicos que demandan os nosos veciños e veciñas”, asegura o popular.


















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



