Ribadeo, 4 de febreiro de 2020. A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, avanzou que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias coas que reclama ao Goberno de Feijoo que adopte, no prazo máximo de tres meses, as medidas necesarias para que a madeira almacenada indefinidamente no Porto de Mirasol de Ribadeo sexa retirada para erradicar o problema da praga de mosquitos e moscas que sofre a vila. Esta iniciativa será debatida este venres día 7, na Comisión 8ª do Parlamento.
Otero que visitou esta mesma zona, acompañada da Voceira Socialista de Ribadeo, Marta Rey remarcou que “desde fai anos o casco urbano de Ribadeo vén padecendo, na época do verán, unha praga de mosquitos e moscas que afecta aos seus veciños e veciñas, así como a toda a hostalería, prexudicando a esta na época do ano na que Ribadeo ten unha maior afluencia turística”, dixo.
Así as cousas, a Deputada lembra que “en xuño de 2019 os propios hostaleiros de Ribadeo, desesperados con esta praga de moscas e mosquitos, pedían solucións a Portos de Galicia para erradicar a praga, alegando que o foco podería estar na madeira almacenada sine die no porto comercial de Mirasol, no que se atopan decenas de miles de toneladas alí depositadas desde hai anos”.
Nesa liña tamén advirte que “o propio Concello de Ribadeo contratou a unha empresa especialista no tratamento de pragas, que aportou solucións para combater este problema que é a seguinte; tratar a madeira ou retirala do Porto de Mirasol, xa que os tratamentos empregados polos hostaleiros para erradicar estas moscas e mosquitos de nada servirían se a madeira segue amontoada indefinidamente no Porto”. Dito informe que lle reenviou o propio Concello de Ribadeo ao Goberno de Feijoo, no que explican que os hostaleiros non son capaces de eliminar os mosquitos das súas ventás, aínda limpando e aplicando insecticidas todos os días, e que provocan incidencias incluso nas comidas.
A secretaria provincial denuncia “que os máximos prexudicados por esta situación é toda a poboación en xeral, así como os hostaleiros de Ribadeo que xa advertiron de novo estes días que o problema non está resolto e que volverá a aparecer cando chegue a calor. Por iso entenden que é urxente que Portos de Galicia actúe e retire a madeira que leva anos almacenada no Porto de Mirasol de Ribadeo”.
Pola súa banda a Voceira Socialista de Ribadeo, Marta Rey emprazou ao Goberno do PP a non mirar para outro lado, e atallar esta situación. “As veciñas e veciños de Ribadeo non podemos ser ninguneados polo Goberno de Feijoo e do PP, esta praga ten que ser erradicada de maneira urxente, porque ademais pode conlevar consecuencias moi negativas para o turismo local”, insistiu.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



