O gran desafío da humanidade pasa por frear o impacto que o cambio climático está a provocar no noso planeta.
A este respecto, é necesario que se tomen medidas contundentes, tanto a pequena como a gran escala, para lograr esa adaptación á preocupante situación na que nos atopamos, pero é fundamental que estes pasos sexan coherentes e compatibles tamén co progreso da sociedade.
A velocidade da transición enerxética é un factor a ter en conta, e que pode supoñer serios riscos para algúns lugares máis vulnerables que outros neste proceso inevitable e necesario para minorar o ritmo actual do quecemento global.
A consecución dos obxectivos fixados en materia de clima e enerxía dependerá das decisións políticas que se adopten e da vontade global para alcanzalos. Polo que a complicidade entre os gobernos, as empresas e a sociedade civil é clave para facerlle fronte a esta problemática.
Pero nesta liñas tamén quero facer un chamamento ao sentido común, para evitar que estes pasos imprescindibles que hai que dar de xeito coordinado non se volvan na nosa contra, condicionando o benestar social e económico de determinadas zonas, co correspondente risco de desindustrialización do noso territorio.
É importante buscar esa combinación efectiva das políticas industriais globais co respecto medioambiental; que as medidas que se adopten non se convertan en ferramentas empobrecedoras para a nosa sociedade.
A título individual cada un de nós, como cidadáns, temos encomendada unha función importante a desempeñar neste proceso transformador e que, insisto, creo que deber ser progresivo. E desde a nosa posición, as entidades locais temos que asumir a responsabilidade de promover políticas de concienciación ambiental no noso ámbito, buscando involucrar aos consumidores como axentes activos nesta importante tarefa que todos temos por diante. Porque non hai planeta B. Niso estamos de acordo.
Alfonso Villares, vicepresidente primeiro da Fegamp




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



