Burela, 15 de febreiro, 2020. Máis comodidade atopou o Pescados Rubén Burela FS no regreso a La Fortuna desta semana sobre o Leganés Masdeporte, fronte ao que tamén conseguiu o billete para a final de Copa da Raíña o sábado pasado. Tras unha primeira parte máis trabada aínda que con acerto na finalización, as pupilas de Julio Delgado e Lucas conseguiron atoparse co seu xogo, con posesión, dominio e ocasións, e así ampliar a vantaxe de 1-2 ata o 2-6.
Resistiuse menos o gol hoxe, aínda que repetiu a protagonista; Cilene no 3 volveu abrir a lata a pase de Peque. Cristina ampliou antes do cinco, cazando un rexeite a tentativa da xoia da Fervenza, Cris Lourés. Rozando o ecuador o Leganés conseguiu manterse no partido, reducindo distancias Stone ante o adiantamento de Jozi. O pau evitou o empate madrileño chegando ao descanso, en ocasión de dobre penalti de Guti.
A murciana Cristina puxo máis tranquilidade no marcador, no reinicio, cun lanzamento desde fóra da área, e ampliou Dany, no 27. O Leganés apostou por xogo de cinco con dez minutos por diante e no 33 atopou a recompensa, con Stone, de rexeite. Cilene e Dany volveron facer acto de presenza para completar a clara vitoria, nos minutos 37 e 38.
Ficha técnica
Leganés Masdeporte: Lucía, Patricia, Amparo, Patri B., Guti, cinco inicial; tamén xogaron Carmen, Elena, Saki, Yrezabal, Esther, Stone, Sandra
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cris Lourés, Cristina, Cilene, Peque, cinco inicial; tamén xogaron Jane, Dany, Lara Balseiro, Luci, Jenny
Goles: 0-1, minuto 3, Cilene; 0-2, minuto 4, Cristina; 1-2, minuto 10, Stone; 1-3, minuto 23, Cristina; 1-4, minuto 27, Dany; 2-4, minuto 33, Stone; 2-5, minuto 37, Cilene; 2-6, minuto 38, Dany
Árbitros: Alonso Abad // González Rubio. Por Leganés Guti (minuto 10), Esther (18), Amparo (21), Guti (39). Por Burela amarela a Dany (minuto 36).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 20 de Primeira División disputado en La Fortuna






















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
