Ribadeo, 12 de febreiro de 2020. Acisa sortea durante os xoves do mes de febreiro un total de 88 consumicións en 9 locais asociados. Con esta campaña denominada Saír de Copas en Ribadeo sáeche gratis a asociación anima a gozar da noite ribadense.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “se trata dunha campaña con dous obxectivos claros: facer publicidade dos nosos establecementos asociados deste sector e potenciar a imaxe de Ribadeo como vila de ocio nocturno. Con esta iniciativa pretendemos reforzar a publicidade de Ribadeo como un lugar ao que merece a pena vir tomar as copas os venres e os sábados, e por iso poñemos en marcha unha gran campaña de publicidade tanto en radios como en redes sociais. Ribadeo é un lugar estupendo para saír con boa música e bo ambiente, polo que cremos que está ben recordarllo á xente para que se anime a seguir vindo a Ribadeo”.
Pérez engadiu que “ademais quixemos por en marcha tamén un sorteo de 88 copas doadas por locais asociados. Participar é moi sinxelo, so hai que ser seguidor da nosa páxina de facebook, darlle a me gusta, compartir a publicación do sorteo e etiquetar a dúas persoas coas que sairías de festa. Cada xoves de febreiro sortearemos 22 copas, dándolle dúas a cada gañador”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, dixo que “a campaña está a ter moi boa acollida. Os establecementos reciben unha publicidade directa que Acisa fai nas radios e nas redes sociais e agardamos que lles repercuta na súa actividade. Queremos ademais darlle as grazas aos nosos asociados Pica, Molino, Náutico, Chámalle Estopa, Ribanzo, Manhattan, Cienfuegos, Rosalar e La Bugalla polas consumicións doadas”.
Jesús Pérez contou que “mais de 10.000 persoas interactuaron en seis días con esta campaña nas nosas redes sociais. Trátase de persoas de diferentes partes da comarca, polo que as expectativas son boas”.
San Valentín
Acisa organiza, un ano máis, a súa campaña de San Valentin baixo o slogan De corazón en Ribadeo, na que sorteará 15 ceas para dúas persoas.
As persoas que realicen as súas compras entre os días 5 e 16 deste mes de febreiro poderán atopar as rifas para participar nos comercios asociados. Os participantes deberán ser maiores de 18 anos. En total foron repartidas máis de 8.000 rifas, que están a piques de esgotarse.
O sorteo realizarase nas oficinas de Acisa o martes 18 de febreiro. Os premios non son acumulativos e ningunha cea quedará deserta. As persoas gañadoras terán ata o 20 de febreiro ás 19:00 horas para recoller o premio nas oficinas de ACISA, na rúa Viejo Pancho, 13-baixo.
Os gañadores disfrutarán das súas ceas o 22 de febreiro nos restaurantes doadores que son: O Cabazo, O Tumbín, La Solana, Voar, A Horta de San Roque, Náutico, Parador de Turismo de Ribadeo, El Rincón del Gordo, Bar Galicia, Texturas Galegas, Porta Norte, Asador A Quinta, O Alén e San Miguel. Acisa agradece ao sector hostaleiro “a súa colaboración doando estas cenas das que disfrutarán 30 persoas dentro duns días”.
Mes do Aforro
Febreiro está a ser intenso en Acisa, xa que ademais está en marcha ata o día 29 o Mes do Aforro, que por segunda vez organizaron a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos e Grupo Valcarce en Ribadeo. O xerente de Acisa subliña que “se fixeron 10.000 tarxetas de desconto. Deben darse con compras superiores aos 10 euros, polo que estamos a falar de que se xerará un movemento económico duns 100.000 euros. Estas tarxetas foron repartidas en 90 establecementos comerciais, polo que se xera un movemento duns 1.100 euros en cada local. Estas cifras nun mes coma o de febreiro, supoñen un impulso importante para os nosos asociados e asociadas”.
O presidente pola súa banda, dixo que “estamos especialmente contentos con esta campaña porque supón un movemento económico real e cuantificable e porque estamos a premiar directamente a fidelidade da clientela do noso comercio”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



