Viveiro, 10 de marzo de 2020. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, xunto co primeiro tenente de alcalde, Jesús Fernández, mantiveron hoxe unha reunión “cordial e desexamos que fructífera” con Ramón Ares, xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, e Rafael Sánchez, director de Atención Primaria do Sergas en Lguo, para falar da situación real na que se atopa o PAC.
“A reunión foi fructífera porque escoitou as nosas demandas e prometeu estudialas de forma inmediata na busca de solucións aos problemas de saturación que ten o centro”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.
“Queremos que a Xunta cubra as vacantes que hai agora mesmo no PAC, dúas de mañá e unha de tarde, de forma estable, aínda que Sanidade asegura que é complicado a día de hoxe atopar facultativos de longa duración”, explica.
“Hai outros problemas en servizos determinados, como o de fisioterapia, o que provoca listas de espera de meses para rehabilitación en Viveiro, e esperamos que a reunión de hoxe sirva de algo e se solucione a curto prazo”, engade a alcaldesa.
A reunión de hoxe derivaba da solicitude feita por carta pola alcaldesa no mes de xaneiro polas carencias de persoal detectadas xa desde hai tempo no centro de saúde, o que provocou bastantes protestas dos usuarios.
“Tamén puxemos enriba da mesa a necesidade de reforzar os servizos médicos en épocas de moita afluencia de persoas, como a Semana Santa ou o Resurection Fest”, remata María Loureiro.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



