Ribadeo, 10 de marzo de 2020. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, asegura que o Concello instou a Adif a realizar a inmediata e oportuna xestión dos residuos que apareceron nun terreo da súa propiedade a carón da estación de Feve, en Vilaosende, hai meses. O edil dixo que cando se coñeceu a súa existencia a Policía Local elaborou o correspondente informe sobre os vertidos alí localizados e púxoo en coñecemento de Adif. Deste xeito responde ás críticas realizadas nas últimas horas desde o PP.
Díaz Freije lembrou que “hai xa uns meses un responsable de ADIF veuse interesar por ese vertido porque está nos seus terreos e desde o Concello de Ribadeo mandamos á Policía Local para que fixese o pertinente informe, por se era capaz de coñecer quen fora o responsable deses residuos aí tirados de mala maneira, pero non apareceu o responsable”.
O concelleiro nacionalista explicou que “son terreos privados, neste caso de FEVE, e teñen que tomar as pertinentes medidas para retirar todos eses residuos, levalos a un xestor de residuos autorizado. E despois se queren poden adoptar outras medidas como facer un peche ou un valado ou ben poñer vixilancia; iso xa é da súa responsabilidade”.
O edil de Medio Ambiente engadiu que “por parte do Concello se chegado o momento hai que abrir un expediente sancionador ou actuar doutra maneira farase, como noutros casos. E quero dicirlle á portavoz do PP neste caso que está ben interesarse, pero nós xa levamos tempo traballando nisto”.























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



