Lugo, 21 de marzo de 2020. A Deputación de Lugo está a lanzar iniciativas nas redes sociais para fomentar o entretemento da veciñanza durante o confinamento nos domicilios derivado do estado de alarma decretado para conter a propagación do coronavirus. Unhas accións con carácter divulgativo que ensinan lugares da provincia achegando datos curiosos e apelando á participación mediante adiviñas ou preguntas abertas.
O Servizo de Audiovisuais da Deputación comparte nas súas redes sociais vídeos do programa denominado Descubrindo Lugo co obxectivo de dar a coñecer, a través de vídeos curtos, o patrimonio paisaxístico e cultural da provincia. Neste momento en concreto, “coa crise do coronavirus, o que queremos é abrir unha ventá virtual a todos os que nos seguen nas redes, a modo de paseos e visitas sen saír da casa e, ademais, é un bo xeito de ir tomando nota para cando todo isto pase e poidamos ir en persoa a coñecelos”, subliña a Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto.
Ademais, o Servizo de Audiovisuais conta cunha canle en Youtube (https://www.youtube.com/user/FUNDACIONTIC) na que se poden atopar noticias da actividade da Deputación, reportaxes sobre eventos, citas gastronómicas, historias interesantes e actos que se desenvolven ao longo do ano na provincia.
Pola súa banda, a Deputada explica que dende as redes sociais da área que dirixe tamén se fan varias propostas ao día en coordinación, en numerosas ocasións, co Servizos de Audiovisuais. “Facemos preguntas sobre o territorio, propoñemos adiviñas e enlazamos contido aos nosos propios recursos que temos na app Inventrip e na na nosa propia web”.
Ademais, nas redes sociais da institución provincial foméntase o confinamento nos fogares co hashtag #QuedaNaCasa. Ten como obxectivo concienciar á poboación da necesidade de facer caso ás recomendacións das autoridades e advertila de que só debe saír á rúa cando sexa imprescindible para evitar a propagación do coronavirus Covid-19.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



