Ribadeo, 12 de marzo de 2020. Apaga programa unha nova acción formativa, que terá lugar este sábado, 14 de marzo, ás seis da tarde no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Ribadeo. Está organizada por Agacal, coa colaboración de Apaga. A xornada está destinada ás empresas forestais da comarca e na mesma abordarase a implantación do ciclo de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural así como outras accións de formación continua dentro da familia profesional agraria.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “é unha xornada convocada por Agacal, que é un departamento de Medio Rural dedicado ao tema de formación principalmente. Pretende a reunión xuntar a todas as empresas do sector forestal da zona coa idea de implantar toda unha serie de ensinanzas, desde un ciclo medio de forestais a outro tipo de actividades de formación continua para o sector”.
Doural cre que “é unha xuntanza moi importante para o sector, dado que penso que se pretende dar un impulso desde o Centro Pedro Murias a todo o que é a formación e o apoio a estas empresas. É a primeira toma de contacto para ver verdadeiramente as necesidades que ten o sector e que as distintas empresas aporten as súas necesidades a nivel de formación. Estase facendo unha convocatoria ás empresas da zona, da provincia de Lugo principalmente. A reunión vai ser o sábado, ás seis da tarde”.
Esta acción está destinada ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozas e mozos do medio rural galego.
Desde a organización recomendan comunicar a asistencia vía whatsapp no seguinte número de teléfono 639 988 945.























A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



