Cervo, 17 de marzo de 2020. O Concello de Cervo vén de activar esta tarde o Plan de Emerxencias Municipal en fase de alerta (PEMU) para a coordinación e mobilización de todos os efectivos dispoñibles para facer fronte á crise do coronavirus. Así mesmo, tamén se constituíu a Comisión Municipal de Seguimento da evolución do COVID-19 formada polo alcalde, os concelleiros delegados, a responsable da policía local, o responsable do servizo de Emerxencias e Protección Civil e o responsable dos Servizos Administrativos Municipais.
O Concello de Cervo mantén os servizos de Axuda no Fogar e de Dependencia ao 100%, priorizando e garantindo así a atención das persoas maiores e dependentes do municipio, que é un dos colectivos máis vulnerables nesta crise sanitaria provocada polo coronavirus.
Así, 14 profesionais, acoden diariamente aos domicilios que tiñan asignados para asistir en todo o que precisen ás persoas maiores e/ou dependentes; extremando ao máximo as medidas de prevención e protección fixadas por Sanidade para garantir tanto a súa seguridade como a das persoas usuarias que precisan dos seus servizos.
Ademais, os servizos considerados esenciais como a recollida de lixo, o saneamento ou o abastecemento de auga continúan operativos seguindo estritamente as directrices marcadas polos organismos competentes. Neste apartado tamén se inclúe a limpeza viaria e de zonas verdes e parques por hixiene e salubridade pública.
O Concello de Cervo estableceu un horario de 9:00 a 14:00 horas, para o persoal municipal que integra estes servizos esenciais.
O Mercado Semanal de San Ciprián non se celebrará este xoves, como medida preventiva.
Por outra banda, desde a delegación de Servizos Sociais apuntan que se algún veciño/a precisa que se lle leve a compra, medicamentos, etc,, á casa porque non conta cos medios necesarios para facelo, pode chamar ao teléfono 982 55 77 77 –en horario de 9:00 a 14:00 horas- ou ao 615 51 92 98, ao longo de todo o día, e recibirá a asistencia necesaria.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



