Ribadeo, 24 de marzo de 2020. O camión municipal de bombeiros do Concello de Ribadeo incorpórase desde hoxe ás tarefas de desinfección das rúas, que xa leva facendo desde hai días unha das máquinas barredoras. A actuación da comezo polas inmediacións das residencias de maiores e do centro de saúde, e seguirá por outros puntos da localidade, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor declarou que “queremos informar á cidadanía que, dentro destas medidas que xa levamos días adoptando, como é o feito de baldear determinados espazos públicos, sobre todo as beirarrúas diante de espazos sensibles como as residencias, o centro de saúde, etc…, que o estamos facendo coa barredora municipal, cunha solución de auga e lixivia desde hai días, a partir de hoxe e de aquí en diante, habemos incorporar outro vehículo máis, neste caso o camión de incendios municipal, que é moito máis grande”.
Suárez Barcia explicou que “ese camión ten unha capacidade de depósito duns 4.000 litros, á auga imos engadirlle unha solución desinfectante autorizada para poder actuar con máis intensidade e con máis frecuencia en todo tipo de rúas, beirarrúas e lugares sensibles de Ribadeo”.
O alcalde ribadense subliñou que “para intentar loitar contra esta pandemia de coronavirus todo canto poidamos facer para mellorar a salubridade e a limpeza das vías públicas entendo que vai vir moi ben”.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



