Ribadeo, 12 de marzo de 2020. O restaurante La Solana, de Ribadeo, pon en marcha medidas sanitarias excepcionais fronte ao coronavirus. José Blanco, o seu propietario, dábaas a coñecer a través das súas redes sociais.
Desde La Solana indican que “con el objetivo de garantizar la seguridad sanitaria de todos nuestros comensales, manteniendo una experiencia gastronómica, hemos puesto en marcha una serie de medidas en nuestro restaurante. De acuerdo a las indicaciones dadas por las autoridades sanitarias de España y de la Organización Mundial de la Salud hemos llevado a cabo una formación con todo el personal de La Solana para aplicar estas medidas de la manera más eficiente posible con el objetivo de minimizar el riesgo sanitario de todos nuestros comensales manteniendo el nivel de atención y de cocina que siempre nos ha caracterizado”.
No restaurante ribadense explican que as medidas que xa están implementadas e en funcionamento son as seguintes:
1. Limpeza en profundidade de mesas, cadeiras, pomos, etc. Todos os elementos do noso restaurante son concienzudamente desinfectados con produtos de limpeza específicos.
2. Limpeza individualizada de pratos e cubertos. Antes de preparar o servizo de comidas todos os cubertos, pratos e demais elementos son profundamente lavados e desinfectados con produtos recomendados para este tipo de situacións.
3. Colocación de dispensadores de xel desinfectante na entrada do local. Puxemos ao dispor de todos os nosos clientes uns dispensadores de xel desinfectante para que poidan lavarse as mans ao entrar, ao saír e cantas veces desexen.
4. Separación de máis de 1,5 metros entre as mesas. Asegurámonos de superar a distancia recomendada polas autoridades sanitarias, asumindo a consecuente redución de aforo, para garantir a tranquilidade de todos os nosos comensais, buscando que gocen dunha experiencia totalmente satisfactoria.
5. Control de temperatura do persoal. Todos os traballadores da
solana comprométense a controlar a súa temperatura, así como calquera outro síntoma, e advertilo á empresa, para descartar calquera tipo de infección. E utilizaranse medios adicionais de protección, así como un protocolo moi intenso de medidas de hixiene persoal no posto de traballo.
Coa aplicación de todas estas medidas están convencidos de poder seguir ofrecendo unha experiencia gastronómica totalmente satisfactoria aos visitantes, nun ambiente de tranquilidade e confort idóneo para gozar dos produtos e cociña sen outras preocupacións.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



