Lugo, 27 de marzo de 2020. Deputados provinciais do PP estudan a posibilidade de recorrer «a outras instancias» se o presidente da Deputación, o socialista José Tomé, mantén a convocatoria do pleno do próximo día 2 como presencial. Así o avisou esta mañá o portavoz popular, Javier Castiñeira, tanto na xunta de voceiros como nas comisións de Economía e Pleno, ás que, polo seu grupo, só asistiu el, como xeito de respectar as disposicións do Goberno para evitar posibles contaxios no marco da gravísima crise sanitaria por coronavirus que atravesa España. A solicitude popular de que a sesión plenaria se celebre por vía telemática foi formalmente presentada na mañá de hoxe.
Castiñeira pediu que constase nas actas das comisións que hai deputados do seu grupo que consideran que a convocatoria de comisións e pleno presenciais pode vulnerar os seus dereitos, ao mesmo tempo que supón unha innecesaria desatención ás instrucións de confinamento dadas polo Goberno como consecuencia da pandemia por coronavirus, e tamén as indicacións doutros organismos como é o caso da Fegamp. Os populares entenden que os representantes institucionais dos cidadáns teñen que ser os primeiros en dar exemplo no cumprimento das normas en calquera circunstancia, e máis aínda nunha situación tan especial como é a que vive o país.
Ao fío das reunións, Castiñeira recordou que, segundo informaron algúns medios de comunicación, un xulgado do Contencioso Administrativo suspendeu o pleno presencial que estaba previsto para hoxe no Concello de León; considerou que este concello dispón dos medios suficientes para celebrar a sesión por vía telemática. Castiñeira tamén recordou que o Concello de Narón celebrou unha sesión plenaria por vía telemática e non dispón de máis medios técnicos que a Deputación de Lugo.
O portavoz dos populares insistiu en que o seu grupo quere sumar, cooperar para que a institución poida prestar coa maior eficacia posible na actual conxuntura servizos aos concellos, pero cre innecesario que, cos medios tecnolóxicos de que dispón a institución provincial, as reunións teñan que ser presenciais. Recordou os cuantiosos investimentos efectuados pola Deputación en novas tecnoloxías, que só no plan Innovate se aproximaron aos 25 millóns.
Castiñeira indicou que nas comisións apuntou que o Plan Único ten moitas cousas que mellorar e así o reflexarán nunha emenda, para que “no pleno do 2 de abril non se poida silenciar a voz do Grupo Popular, que é o que parece que quere o presidente nestas circunstancias”.



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



