Castro de Rei, 7 de marzo de 2020. A Secretaria Provincial do PsdeG-PSOE e candidata as eleccións autonómicas, Patricia Otero, participou este sábado no Restaurante Río Lea, na presentación da nova agrupación das Xuventudes Socialistas de Castro de Rei. Alí dixo que “as xuventudes socialistas sodes o motor de cambio deste país”. No xantar estivo acompañada da Alcaldesa de Trabada e Deputada Provincial, Mayra García Bermudez, do Secretario de Organización na Provincia, Juan Díaz Valiño, do portavoz local, Jose Luís Castro Tellado, e do candidato das Xuventudes pola provinncia, Alejandro Trashorras Murado, así como concelleiros e militantes da comarca.
Otero avanzou que “a situación da mocidade en Galicia ao longo destes últimos 10 anos é un autentico drama, e fan falla medidas e inciativas progresistas que muden a situación de abandono do PP en toda Galicia”.
A secretaria provincial denunciou “a reducción de becas de estudo, así como recortes e privatización na sanidade e educación, que xunto coa falla de políticas de asentamento no rural súmanse ao conxunto de despropósitos que incentivan a saída dos mais novos fóra de Galicia”, explicou.
“Por iso agora máis que nunca os máis mozos debedes aproveitar a oportunidade das políticas progresistas que esta impulsando o goberno de Pedro Sánchez, para seguir avanzando en dereitos e en igualdade para todos os colectivos”, remarcou.
Alba, Estudante de 1º de Políticas na USC
Pola súa banda, a nova Secretaria das Xuventudes de Castro de Rei, Alba Sinde, estudante de 1º de Políticas na USC, sinalou que “dende as Xuventudes Socialistas todos traballaremos por encher o noso Concello de iniciativas lúdicas, culturais e deportivas que contribuían a mellorar as nosas vidas. Porque sabemos que Castro de Rei ten futuro”, dixo. Acompañan a Alba Sinde na Agrupación das Xuventudes Julia Ocampo, Ruben Alvariño e Laura Fernández.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



