Ribadeo, 11 de marzo de 2020. Un total de 23 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 9 meses e os 4 anos e acompañados do seus proxenitor ou proxenitora, participan nas sesións de matronatación, que se desenvolven os martes deste mes de marzo, dentro do programa Apego do Concello ribadense. A edil de Cultura, Pilar Otero, subliña que o obxectivo máis importante da actividade céntrase en reforzar vínculos de amor e confianza entre a crianza e a nai ou o pai facendo que compartan una experiencia xuntos na auga, e ao mesmo tempo reforzar os vínculos co noso idioma, co galego como lingua vehicular e dinamizadora.
A concelleira explicou que “o proxecto Apego de Ribadeo, que xira arredor da transmisión do galego ás novas xeracións, iniciou o pasado 3 de marzo unhas sesións de actividades de matronatación, que en 2019 xa gozaron de moita aceptación polas familias con crianzas que tiñan entre 9 e 48 meses”.
Pilar Otero salientou que “o obxectivo máis importante desta actividade se centra en reforzar vínculos de amor e confianza entre a crianza e os seus proxenitores facendo que compartan unha experiencia xuntos na auga, e ao mesmo tempo serve para reforzar os vínculos con oso idioma co galego como lingua vehicular e dinamizadora. Hai familias onde o galego é xa a súa lingua normal de comunicación, e outras nas que non o é máis que teñen interese en que o seu fillo ou filla chegue a falar o galego”.
A edil nacionalista sinalou que “este ano cubríronse 23 das 24 prazas ofertadas, o que supón, entre pícaros e adultos, un total de 46 persoas participantes. Nesta actividade non se lles aprende a nadar ás nenas e aos nenos, pois esta capacidade non se logra ata os 4 ou 5 anos, senón que as sesións, que son dunha media hora máis ou menos, inclúen dinámicas lúdicas asociadas a cancións, secuencias de desprazamentos e flotación, e rematan sempre cun conto na auga”.
Otero Cabarcos engadiu que “se busca o goce e tamén a adquisición de seguridade, confianza e outras habilidades na auga por parte das crianzas. Todos os exercicios aumentan o desenvolvemento físico, intelectual e psicoafectivo. A auga estimula as capacidades de xogo, xa que xogando é como as crianzas aprenden toda a vida, pero sobre todo cando son pequenos. Este feito vai repercutir en aprendizaxes futuras. A fisioterapeuta, responsable do grupo, é a que dá as pautas para actuar e o fundamental desta actividade é adquirir o gusto polo medio acuático. Créase entón un clima de confianza mutua entre a fisioterapeuta, as crianzas e os seus proxenitores, e tamén se afianzan os vínculos co noso idioma que é o principal obxectivo”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



