A Mariña, a 2 de abril de 2020. A CIG vén de presentar denuncia na Inspección de Traballo, Consellaría de Sanidade e Subdelegación do Goberno para esixir que se dote a todas as traballadoras e traballadores das residencias de maiores, dos centros de atención a persoas con discapacidade e dos centros de menores da provincia, tanto públicos como privados, dos medios de protección necesarios e adecuados á actual emerxencia sanitaria.
Así mesmo, tras a aparición dos primeiros casos de contaxio confirmados no CAPD de Sarria , da Milagrosa e das Gándaras en Lugo ou na residencia que DomusVi xestiona en Castro Ribeiras do Lea (Castro de Rei), e nomeadamente no caso da Mariña en residencias de Burela , Foz e Mondoñedo, a CIG demanda tamén a realización de test de detección a todas as persoas residentes nestes centros e a todas as traballadoras e traballadores, e que estas probas se repitan de xeito periódico.
A central entende que comprobar o número de positivos resulta imprescindíbel para delimitar a incidencia do contaxio e atallar a posíbel extensión, evitando así que se convertan nun novo foco da enfermidade, como xa ten ocorrido noutras vilas de Galiza.
De igual maneira, dende a CIG solicítase extremar as medidas de limpeza e desinfección, como medida mínima imprescindíbel para o control da propagación da enfermidade.
Tanto o persoal como os usuarios e usuarias destas centros están expostas a un grave risco por contaxio da COVID19 dende o comezo da emerxencia sanitaria. Por iso, a CIG solicitou dende o primeiro momento e en reiteradas ocasións que se adoptaran as medidas de prevención e protección urxentes e axeitadas.
Agora, as deficiencias das escasas medidas aplicadas estanse a evidenciar coa aparición dos primeiros casos de contaxio. Esta situación provoca ademais que o persoal destes centros estea sufrindo unha exposición innecesaria ao propio risco biolóxico pero tamén, unha situación de estrés emocional e ansiedade ao vérense expostos a un risco grave, inminente e descoñecido ante o que se senten totalmente desprotexidos no ámbito laboral.
Unha ansiedade común á que se dá noutros centros de traballo onde se continúa coa actividade, pero incrementada se considerando a especial vulnerabilidade ao risco das persoas residentes.




















Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



