Lugo, 9 de abril de 2020. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, informa de que esta semana se están desenvolvendo traballos de limpeza e desinfección con carácter preventivo en todos as dependencias da institución. Esta medida, explica Tomé Roca, complementa as adoptadas ata o momento, porque “é moi importante seguir extremando as precaucións para minimizar o risco de contaxio do coronavirus Covid-19”.
As labores de desinfección xa se efectuaron este mércores no Pazo de San Marcos, no Museo Provincial de Lugo, no Museo do Mar, nas oficinas da Praza de Santo Domingo, no centro de formación audiovisual, na produtora do Servizo de Audiovisuais, nos locais do Parque Móbil e nas dependencias de Recadación. O vindeiro luns acometeranse nos museos de San Paio de Narla e Pazo de Tor, nas dependencias de Vías e Obras, no CENTRAD, no Arquivo e na Unidade de Mantemento.
Estas tarefas encargáronselle á empresa pública Tragsa, medio propio da Deputación dende finais do pasado ano, e realízanse con persoal formado e cualificado na utilización de produtos químicos autorizados polo Ministerio de Sanidade.
O Presidente explica que “dende a Deputación estamos desenvolvendo un conxunto de actuacións para afrontar esta crise. Seguimos cos traballos de desinfección das residencias, que se fan dúas veces por semana en cada un dos centros, e agora eses labores ampliámolos ao conxunto das dependencias provinciais”. Tomé Roca engade que “estes lugares agora mesmo están case sen xente porque practicamente todo o cadro de persoal da Deputación está traballando dende a casa, o que nos permite conxugar a seguridade dos empregados e empregadas públicas cun ritmo fluído nas tarefas necesarias para a prestación de servizos á cidadanía e aos concellos”.
Os labores de desinfección tanto das dependencias provinciais como das residencias de maiores, súmanse ás medidas xa adoptadas pola Deputación fronte á crise do Covid-19. O Goberno adoptou decisións de carácter social e económico para paliar o impacto desta crise, como a de adaptar o Plan Único 2020 para que os concellos poidan usar máis de 10,6 millóns de euros a cubrir medidas sociais derivadas do impacto do coronavirus; a inxección de 11M€ nos concellos adiantándolles os pagos mensuais previstos por impostos ata o mes de xuño; priorizar o pago a provedores da institución para inxectar liquidez nas empresas e contribuír deste xeito a que poidan pagar salarios e gastos correntes e manter así a súa actividade; ou reforzar o servizo de teleasistencia domiciliaria para facilitar información e recomendacións aos máis de 1.300 usuarios e usuarias.
Renovación do encargo
A Deputación de Lugo renova o encargo con Tragsa dos labores de desinfección dos catro centros de atención a maiores durante dúas semanas máis para que o servizo continúe –polo menos- mentres permaneza vixente o estado de alarma. Cada un dos centros límpase dúas veces á semana e os traballos fanse de forma exhaustiva tanto no interior como no exterior dos edificios, coa finalidade de cubrir todas as zonas coas que a diario tanto os usuarios e usuarias como o persoal dos centros teñen contacto.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



