Lugo, 13 de abril de 2020. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, anunciou que a Unidade Militar de Emerxencias (UME) volveu despregarse hoxe, por terceira vez, na provincia de Lugo, dentro da Operación Balmis de loita contra o virus do COVID-19, para realizar novos traballos de desinfección en distintas instalacións consideradas sensibles, neste caso en tres concellos da comarca da Mariña, concretamente, en Viveiro, Ribadeo e Burela, ademais de en Monforte de Lemos e Monterroso.
Os efectivos da UME traballaron nesta xornada, en diversas instalacións de Viveiro, onde efectuaron labores de desinfección na residencia de maiores Betania e na Comisaría da Policía Nacional, e tamén nos cuarteis da Garda Civil de Ribadeo e Burela. Ademais, levaron a cabo traballos de desinfección en Monforte de Lemos, na residencia Domus VI, e no centro penitenciario de Monterroso.
Isabel Rodríguez lembrou que a UME volve á provincia de Lugo por terceira vez desde a declaración do estado de alarma sanitaria, onde xa realizara labores de desinfección, o día 24 de marzo e o 8 de abril, en distintos centros sanitarios, residencias de maiores e noutras instalacións consideradas sensibles polo número elevado de persoas que as frecuentan.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



