Lugo, 17 de abril de 2020.- A Xunta de Galicia continúa co reparto de material de protección contra o coronavirus para as residencias de maiores e centros de atención a persoas con discapacidade da provincia de Lugo. O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que a Administración autonómica fixo unha terceira entrega a 19 centros, entre os que se distribuíron 49.766 unidades de equipos de protección individual (EPIs) e outro material.
En concreto, repartíronse 20.400 mascarillas cirúrxicas, 290 mascarillas FFP2, 13.400 guantes, 4.662 batas, 290 mandís, 6.800 calzas e 3.400 gorros; así como 304 botes de xel e 220 garrafas desinfectantes.
Este material chegou a cinco centros asistenciais da Mariña -dos concellos de Burela, Foz, Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro-; outros tantos da Zona Sur -tres residencias de Monforte de Lemos, unha de Bóveda e outra de Chantada-; tres residencias da capital luguesa; tres de Castro de Rei, unha de Baralla, unha de Cospeito e outra de Sarria.
Balseiro destacou que a Xunta estivo atendendo desde o primeiro momento as necesidades das residencias da provincia, distribuíndo material a centros públicos de titularidade autonómica, municipal e provincial, e tamén a centros privados.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



