Ribadeo, 25 de abril de 2020. Acisa repartirá dúas mil postais e cincocentas chapas para celebrar o Día da Nai. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo subliña que “se trata dunha campaña modesta, pero non queremos pasar a oportunidade de felicitar ás mamás nesta época tan complicada que nos toca vivir. A situación é difícil, pero hai que tentar darlle normalidade a todo isto na medida das nosas posibilidades”.
A postal leva a seguinte mensaxe: “Como un fillo a unha nai o comercio e a hostalaría ribadense precísante mais ca nunca. Xuntos volveremos. Merca e consume en Ribadeo. Hoxe máis ca nunca, ti dásnos a vida”. E a chapa pon Prohibido renderse: “non podemos rendernos nin na casa nin nosos negocios. Veñen tempos complicados, pero xuntos lograremos saír adiante”.
A Asociación de Comerciantes de Ribadeo lembra que “o comercio e a hostalería locais precisan da fidelidade da súa clientela. De aí que os animemos a mercar nos negocios da nosa vila que venden on line ou naqueles, que por seren servizos esenciais, levan abertos desde que se decretou o estado de alarma a mediados do pasado mes de marzo. O Día da Nai está aí e temos negocios dispostos a ofrecernos ese detalle que precisamos”. Acisa traballa para ultimar a posta en marcha canto antes da APP Ribadeo cerca de ti, a través da que tamén será posible a venda por internet dos asociados e asociadas. A directiva de Acisa indica que “estes días estase a falar moito de plataformas de venta on line a nivel local. Consideramos que é unha boa e necesaria ferramenta, na que nós levamos un tempo traballando. Co estado de alarma todo se parou, pero retomarase para cando volvamos á normalidade”.
Desde Acisa explican que “esta campaña é un xesto que queremos ter coas nais de Ribadeo, pero tamén cos propietarios e traballadores deses locais que están abertos para que a nosa vida siga a ser o máis normal posible, dentro desta crise sanitaria ocasionada polo Covid-19 que estamos a vivir”.
As postais e as chapas poderán atoparse nos establecementos asociados esenciais que están abertos os días 2 e 3 de maio: Panadería Torviso, Gasolineira El Jardín, Os Irmandiños, Panaderías La Plaza, Bis a Bis, Pastelería La Candelaria, Grupo Valcarce, Panificadora del Eo, Beep Informática, Fauna, Morán e nas farmacias asociadas. “Hai locais que abren dos dous días e hainos que so abren o sábado”, engaden desde o colectivo empresarial ribadense.
Desde Acisa piden responsabilidade: “como diciamos queremos render homenaxe ás nais con esta campaña, pero queremos pedir responsabilidade á hora de saír da casa. Seguimos en estado de alarma, seguimos confinados, entón para conseguir os agasallos de Acisa deben facelo aproveitando as saídas que están permitidas”.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



