Cervo, 24 Abr, 2020. A dirección de Alcoa anunciaba este xoves que a partir de agora non reconstruirá as cubas de electrólise que cheguen ao final da súa vida útil na fábrica de San Cibrao. A sección sindical da CIG explica que isto significa parar unha media de 6,5 cubras ao mes “o que, sumado ás que xa ten apagadas, supón que de aquí a final de ano 90 das 512 cubas que hai estarán mortas”. Tanto os delegados e delegados da central nacionalista como a Plataforma coordinadora de traballadores/as das auxiliares xa amosaron o seu rexeitamento a esta decisión e demandan da multinacional “que reconsidere canto antes esta medida, pois de non facelo o peche da fabrica é inevitábel”.
Para a representación da CIG a lectura deste anuncio é fácil: “Alcoa comezou a deixar morrer a factoría”. A dirección, explican, alega a situación actual do mercado cunha baixada do 20% no prezo do aluminio a consecuencia da crise económica xerada pola Covid19. “A empresa dixo que se trataba dunha medida temporal, pero preguntada pola CIG sobre a duración da mesma manifestou que, se ben coñecía a data de inicio non así a de finalización, e que esta dependerá da evolución do mercado”, sinala a sección sindical.
A decisión afecta xa a 50 traballadores de auxiliares
A medida ten xa repercusión directa sobre os preto de 50 compañeiros da industria auxiliar que se dedican á reconstrución das cubas “e que no mellor dos casos se ven abocados de inmediato a un ERTE”. Diante disto, a Plataforma coordinadora das auxiliares solicitou da dirección de Alcoa e da dirección das empresas auxiliares involucradas “un compromiso social coa comarca, que ningún traballador vexa eliminado o seu posto e que o persoal afectado sexa recolocado noutras actividades dentro da factoría. Ou, como mínimo, o compromiso de que ningún traballador verá reducida a súa capacidade adquisitiva”.
A este respecto, a Plataforma subliña que unha vez máis o primeiro colectivo laboral en recibir o impacto das medidas de axuste “é o eslavón máis débil da cadea, o persoal das auxiliares”. Por iso, demandan a Alcoa que sexa clara sobre cales son as intencións e cal é o plan de futuro que manexa para a factoría.
“O anuncio de parada de cubas, cando chegan o fin do ciclo de vida útil, parece unha mostra do desinterese para volvelas poñer en funcionamento en canto o mercado mundial se reactive; de haber interese por arrancalas, estas cubas seguirían o proceso de desbrascaxe e realización do mantemento ordinario para o seu arranque inmediato en canto o mercado o ‘permita’”, valoran.
Redución do mantemento e das inversións
En canto á repercusión sobre o persoal da principal, a empresa comunicou que nestes momentos non se verá afectado “pero todas e todos dámonos conta que, de non cambiar a decisión, afectaranos nun futuro inmediato”, alerta a sección sindical da CIG en Alcoa.
Porque ademais, engaden, a dirección tamén anunciou a redución do mantemento non esencial así como das inversións a nivel global. “Mais cando lle preguntamos sobre estas cuestións non soubo, ou non quixo, concretar en que se traducen estes recortes en San Cibrao”.
Esixen o compromiso de Alcoa coa comarca
A valoración que a CIG fai desta medida “non pode ser máis negativa” e tanto dende a sección sindical como dende a Plataforma de auxiliares puxeron o acento nas mobilizacións que traballadores e traballadoras e o conxunto da comarca estiveron realizando para esixir unha tarifa eléctrica industrial máis xusta, estábel e predicíbel. “É pois, agora, o momento de que Alcoa devolva ese compromiso evitando que as medidas teñan repercusións sobre o emprego tanto da propia Alcoa como das auxiliares”.
De igual maneira, dende a Plataforma trasladaron o total apoio aos traballadores afectados e aos delegados sindicais de ditas empresas e reafirmaron o compromiso na defensa de todos os empregos.
























Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
Puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para contribuír á preservación dos traballos gandeiros tradicionais. Cómpre salientar que esta festividade está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, nesta ocasión, a conselleira foi nomeada Monteira Maior, unha distinción honorífica outorgada pola Comunidade de Montes de Buio e Lerín, organizadora do evento, ás persoas que colaboraron con eles ou os apoiaron. Gómez trasladou o seu agradecemento por esta mención e reafirmou o seu compromiso co sector agrogandeiro, un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural.



