Debido ao estado de alarma no que nos atopamos e xa que non sabemos cando será posible levar unha vida normal, desde a “Asociación de Sendeirismo Pasada das Cabras” queremos informar aos nosos socios, amigos e público en xeral, que a celebración do “Día Do Socio” previsto para este 20 de xuño queda cancelada. Posiblemente, e tendo en conta as circunstancias futuras, pospoñerase a unha data aínda por determinar ou á non celebración neste ano. Lembramos que, polas mesmas circunstancias e como xa informamos, as actividades desta asociación están interrompidas ata novo aviso.
