Lugo, 19 de abril de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que nos últimos días fixéronse chegar 13.000 mascarillas aos traballadores das residencias de maiores e de persoas con discapacidade da provincia para protexerse durante os desprazamentos laborais. A entrega deste material sanitario para o persoal das residencias existentes na provincia de Lugo fíxose dentro da campaña que puxo en marcha a Subdelegación do Goberno o pasado luns, día 13.
Dentro da devandita campaña, tamén se distribuiron mascarillas a usuarios do transporte colectivo na provincia, a entidades sociais como Cáritas, Cruz Vermella e Aspnais, a colectivos profesionais como taxistas e panadeiros e a asociación empresariais coa finalidade de que o maior número posible de traballadores da provincia de Lugo que realizan labores de interse social ou son empregados de sectores esenciais dispoñan deste tipo de material.
Para levar a cabo esta campaña de distribución das mascarillas na provincia, a subdelegada organizou un dispositivo no que se movilizaron, durante toda a semana, axentes do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil, nalgúns casos contando tamén coa colaboración das Policías Locais, a Policía Autonómica e de Agrupacións de Protección Civil. A todos eles, Isabel Rodríguez agradeceulles expresamente a súa implicación e compromiso social.























A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



