Lugo, 20 de abril de 2020.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado de persoal técnico das consellerías de Cultura e Turismo e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) mantiveron hoxe, unha xuntanza a través de videoconferencia con representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (Apehl), colectivo que preside Cheché Real.
Trátase do primeiro dos encontros cos que a Xunta busca crear unha liña de diálogo permanente entre os distintos axentes económicos e sociais para definir de común acordo medidas que mitiguen o impacto da crise sanitaria e favorezan, unha vez superada, a súa reactivación. Neste caso concreto, a reunión abordou moi en particular iniciativas centradas no mantemento empresarial, o contexto laboral e a disposición de liquidez para o tecido empresarial da hostalería, restauración e turismo.
Inxección de liquidez
Nesa liña Balseiro lembrou que as empresas deste sector –un dos máis afectados pola crise do Covid-19 polo obrigado cese de actividade– poden acceder ás liñas de financiamento postas en marcha pola Xunta, como a de préstamos que mobilizará 250 millóns de euros para cubrir gastos esenciais como facturas, salarios ou alugueres.
En concreto, a nova liña avalará entre 3000 e 200.000 euros de importe por cada negocio e os beneficiarios disporán de prazos de amortización de ata catro anos con un de carencia, con xuros que serán bonificados ao cento por cento pola Xunta, facéndose cargo deles.
Tamén se adoptaron medidas de suspensión de prazos para a presentación de certos impostos e aprazamento das cotas de amortización e xuros dos préstamos formalizados coa Xunta, que chegan a subvencionar ata o 100% dos intereses.
900 815 600 Liña Empresas
Ademais, lembrou que o Goberno galego ten activadas varias canles para que os autónomos e pemes poidan estar informados e resolver todas as dúbidas que teñan con respecto ás distintas medidas económicas postas en marcha como o teléfono gratuíto da Liña Empresas (900 815 600), a web https://ceei.xunta.gal/coronavirus, ou a aplicación para móbiles Gohu.
25M€ para reactivar o turismo
Pola súa banda a Consellería de Cultura e Turismo xa traballa nun plan de reactivación dotado con 25 millóns de euros co obxectivo de priorizar o emprego e o mantemento do tecido empresarial dun sector que resulta estratéxico para a nosa Comunidade. De feito, o turismo representa o 11% do emprego xerado en Galicia e supón máis dun 10% do seu Produto Interior Bruto (PIB).
Nesa liña, Balseiro amosouse moi partidario de estudar calquera iniciativa que redunde no plan de seguridade sanitaria, que buscará xerar confianza no sector e dar as máximas garantías tanto aos usuarios como aos propios traballadores do sector dos aloxamentos, turismo e restauración. Do mesmo xeito, sinalou a importancia de aproveitar o Xacobeo 2021 como un elemento de reactivación económica pola súa especial incidencia no turismo.
As reunións continuarán mañá de maneira telemática, neste caso é a queda da Asociación de Jóvenes Empresarios da provincia (AJE Lugo), que agrupa a un imporante número de mozas e mozos emprendedores e proxectos empresariais xa consolidados xestionados polas novas xeracións da empresa familiar.




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



