Lugo, a 09 de abril de 2020. O pasado día 3, o grupo provincial do PP solicitou unha reunión telemática da xunta de portavoces da Deputación, co fin de deseñar medidas de apoio directo aos concellos fronte á crise sanitaria provocada por COVID-19, e as súas consecuencias económicas e sociais. A día de hoxe, o goberno provincial deu a calada por resposta á iniciativa popular. Diante do silencio do presidente da Deputación e do seu equipo, o portavoz popular, Javier Castiñeira, chega á conclusión de que “José Tomé, en concreto, e os socialistas e nacionalistas, en xeral, pasan de todo o que ten que ver cos concellos máis pequenos da provincia; demostran un desinterese total polo esforzo que fan os concellos para atender ás necesidades dos seus veciños”. Declarou: “O presidente demostra moi pouco talante dialogante ata o punto que fai que botemos de menos a humildade e capacidade para o entendemento do seu antecesor no cargo, Darío Campos”.
Para Castiñeira “resulta inexplicable que na conxuntura na que nos atopamos, en plena crise sanitaria e ás portas, ou xa metidos, nunha crise económica de gran calado, o presidente da Deputación siga empeñado en non gastar nin un euro da Deputación na adopción de medidas directas por parte do organismo provincial para axudar aos lucenses a superar esta situación”. Castiñeira di que non cuestiona, senón todo o contrario, medidas como o adianto de cartos aos concellos, pero recoñece que non acerta a entender por que Tomé non deseña intervencións directas da Deputación fronte á crise. Declarou: “Hai unha evidente falta de iniciativa, pero non só fronte ao COVID-19 e todo o que implica a crise sanitaria propiamente dita, senón que é clamorosa a falta de previsión e de planificación fronte ao que se nos vén enriba nos próximos meses en materia económica e social”.
O portavoz popular critica que o goberno provincial non respondera ao ofrecemento do PP para manter unha reunión telemática da xunta de portavoces. “Parécenos, para empezar, unha falta de elegancia política. Nós expuxemos por activa e por pasiva a nosa vontade de colaboración leal e de traballo nunha situación extraordinaria como é esta. Esta vez nin resposta tivemos”. Engade Castiñeira: “É unha maneira de ningunear aos concellos máis pequenos, de pasar deles, quizá porque cre que así ningunea ao PP, que goberna en máis da metade dos municipios da provincia; equivócase o presidente da Deputación, porque deste xeito a quen ningunea é aos lucenses que residen neses concellos”. Di tamén o portavoz popular: “É unha maneira de gobernar moi sectaria, que se resiste a recibir axuda por parte do grupo da oposición que, como é sabido, é o máis numeroso da corporación, a só un deputado da maioría absoluta”.
Desatender aos concellos máis pequenos foi, segundo opinión de Castiñeira, rexeitar as emendas do PP ao Plan Único, entre elas unha para incrementar en 700.000 euros o seu orzamento. E tamén é desatención a falta de medidas de aplicación directa, e non por medio dos concellos, da propia Deputación. Para falar de iniciativas deste tipo, solicitou o PP a reunión da xunta de portavoces. Unha das propostas populares é que a Deputación, que dispón dun fondo de continxencia, dotado con case un millón de euros, adquira, con cargo a ese fondo, o material que demanden os concellos en función das necesidades de cada un deles.
Castiñeira di: “Lamentamos sacar esta conclusión, pero todo nos leva a pensar que Tomé pasa dos concellos pequenos. Dálle igual o que pensan a metade dos concellos da provincia que teñen gobernos populares; nós queremos seguir sumando, pero atopámonos cun goberno sectario e con total falta de previsión e planificación e os que pagan as consecuencias son os cidadáns, os lucenses”




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



