Cervo, 5 de abril, 2020. O Concello de Cervo ofrecerá durante todo este mes de abril clases virtuais completas impartidas por, Belinda Canoura, a monitora das Escolas Deportivas Municipais.
As sesións -de ximnasia de mantemento, aerozumba e pilates- subiranse de luns a xoves, ás 11:00 horas, na canle de youtube oficial do Concello de Cervo https://m.youtube.com/user/ConcelloCervo
Recordamos que desde que comezou o confinamento, vimos compartindo regularmente nas nosas redes sociais diferentes rutinas deportivas dirixidas polos monitores das ADM de Cervo; pero a partir de agora esas clases serán de maior duración, sesións completas.
O obxectivo é ofrecer á veciñanza diferentes opcións para que durante a corentena no deixen de practicar deporte nas súas casas; xa que o exercicio resulta fundamental sempre, pero nestes días é básico para poder manter o noso corpo e a nosa mente saudables.
Os exercicios están pensados para realizar tanto de xeito individual como en familia, con elementos que todos temos nas nosas casas.
Desde o Concello animan a toda a veciñanza a seguir estas sensións, que tamén se irán compartindo no Facebook diariamente.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
