
Ourense. 31-03-17. Local. Entrevista a Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia.
Foto: Xesús Fariñas
Burela, 22 de abril, 2020. A falla de implicación do Alcalde é unha mostra do seu pouco interese por Burela.
Vimos dende CxG observando e analizando as actuacións do gobernos socialista de Burela en relación á crise da COVID-19. Pósense resumir en que se actúa tarde mal e a rastro, agás o traballo da 2ª Tenente de Alcalde, que si propuxo actuacións e medidas. Diante desta situación dende Compromiso po Galicia Burela propoñemos de forma pública as seguintes medidas, en tres eixos:
1. Contención:
I. CxG propón a suspensión de taxas aos comercios afectados polo
peche, mentres dure a situación.
II. A suspensión de taxas a traballadores afectados por ERTE. Neste
capitulo refírese a todas a taxas de carácter municipal e servizos.
2. Consolidación:
A. Un ano de moratoria para aquelas actividades que se vaian recuperando
na fase de desescalada.
B. No caso de negocios que non se recuperen ou ceses a condonación total
das débedas con Concello.
C. Reclamación á Deputación dun plan de emprego para os parados que
acrediten ser causa da COVD19.
Expansión: Para axuda a actividade económica,
I. Bolsa de axuda ao alugueiro das PEMES, 100.000 euros.
II. Aval do concello para créditos de liquidez ata 20.000 euros para
autónomos e pemes.
III. Campaña de apoio ao comercio, e fomento do consumo en
Burela con axudas directas.
IV. Aumento das axudas a colectivos sociais coa obrigación de gastar
en Burela.
V. Suspender dous anos o imposto municipal dos vehículos,
transformado en un cheque de consumo local.
CxG propón medidas fáciles, imos ver a vontade política do “xestor” Sr. Llano.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



