Compostela, 13 de abril de 2020.- O voceiro de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, cualificou hoxe de “desplante” e de “desprezo á cidadanía galega” a negativa de Alberto Núñez Feijóo a celebrar as reunións periódicas que se comprometeu a manter coas forzas políticas galegas, o que está impedindo que estas poidan facer chegar á Xunta as súas propostas para enfrontar a crise da Covid-19.
“Foi Feijóo quen reclamou a nosa colaboración e o apoio que agora rexeita, foi quen pediu un diálogo permanente e construtivo. Parece máis interesado en facer propaganda a través de roldas de prensa que en escoitar as propostas”, dixo Gómez Reino.
O voceiro de Galicia en Común Anova-Mareas lembrou que, fronte aos 42 minutos adicados a comparecer ante no Parlamento de Galicia, o presidente da Xunta ten investidas máis de 14 horas en roldas de prensa virtuais desde o comezo da crise.
“Nese sentido non entendemos como pode ser que aínda non teñamos clarificado como vai ser o funcionamento neste período da Deputación Permanente do Parlamento, único órgano de control ao Goberno de Núñez Feijóo neste tempo”.
Gómez Reino lembrou que Galicia en Común-Anova Mareas ten presentado propostas “serias e razoables” para combater a crise en materia sanitaria, de seguridade e de servizos sociais; no ámbito educativo e cultural; reclamando apoios e medidas específicas para todos os sectores produtivos e estratexias de protección para as familias e traballadores galegos que se atopan en situación máis fráxil.
“Negarse a debatelas non é un desplante a Galicia en Común, senón un desprezo á cidadanía galega, que está reclamando colaboración e unidade aos partidos”, engadiu.
O voceiro da coalición advertiu tamén a Feijóo de que non pode esixir “transparencia” ao Goberno do Estado nas cifras de afectados pola epidemia cando é a propia Xunta a que se nega a ofrecer os datos de falecidos pola Covid-19 desagregados por residencias e centros sociais.
“Iso impide que a sociedade coñeza características elementais da gravidade da epidemia, como a súa incidencia territorial ou onde se atopan os focos máis perigosos. É unha decisión que só serve aos intereses do PP, pero esa falta de transparencia afecta gravemente á loita contra o coronavirus en Galicia e no resto do Estado. É unha estratexia imprudente e desleal”, alertou.
Nese sentido, Gómez Reino lembrou que Galicia en Común leva semanas pedindo á Xunta que exerza as súas competencias e interveña e medicalice todas as residencias de maiores privatizadas no país, para garantir que os seus usuarios están correctamente atendidos co persoal e medios necesarios.
“Hoxe soubemos que a empresa que xestiona a residencia máis afectada pola epidemia está buscando estudantes de Medicina para cubrir prazas vacantes de médicos nun portal de Internet. É unha vergoña”, subliñou.
O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas insistiu en que os problemas que están a padecer as residencias galegas da terceira idade “son un problema de modelo”.
“Un modelo privatizador que permite facer negocio coa saúde dos maiores e que ten conseguido que o 70% dos usuarios de residencias estean en centros xestionados por empresas privadas, cuxas deficiencias xa foron denunciadas polo Consello de Contas de Galicia sen que a Xunta fixera nada para corrixilas”, concluiu.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



