Compostela, 6 de abril. O voceiro de Galicia en Común- Anova Mareas, Antón Gómez Reino, insistiu hoxe de novo na urxente necesidade de que a Xunta interveña as residencias de maiores de Galicia e proceda á súa medicalización inmediata para garantir “a correcta atención aos seus usuarios e a protección dos seus traballadores”.
Gómez Reino esixiu tamén ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que proceda a someter aos test do Covid-19 a todos os residentes e coidadores.
“Non se trata só de protexer as vidas, a saúde e o benestar dos nosos maiores e de quen os coidan, e de ofrecer tranquilidade ás súas familias. Trátase tamén de garantir a seguridade do resto da poboación. Se non coñecemos exactamente cantos infectados hai nas residencias galegas, non poderemos actuar eficazmente para frear a expansión do coronavirus”, dixo.
O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas lembrou que REDE, a Federación Galega de Usuarios de Familias da Dependencia e Residencias, leva semanas denunciando que a Xunta non realizou as probas aos internos e traballadores das residencias competencia da Xunta, a pesar das evidencias que indican desde hai días que xa se produciu nelas un contaxio masivo.
Ademais, usuarios e familias tamén teñen denuciado ante Fiscalía o trato “inhumano” que padecen os usuarios dalgúns centros, e o feito de que as empresas que as xestionan que non proporcionan aos traballadores os medios que precisan para coidalos e combater os contaxios. “Sumámonos a esas denuncias e esiximos á Xunta que garanta que esas situacións non se repiten”, dixo Eva Solla.
Gómez Reino tamén reclamou a Feijóo que impida que esas empresas despidan aos traballadores que as denunciaron.
“O modelo de privatizacións no sector sanitario e de servizos sociais desenvolvido pola Xunta desde que Feijóo chegou ao Goberno permitiu que durante anos se fixese negocio cos coidados dos nosos maiores, deixándoos nunha situación de extrema fraxilidade”, explicou Gómez Reino.
“Hai que reformular ese modelo e desmontalo xa. E o primeiro paso ten que ser unha actuación firme e decidida contra o COVID-19, intervindo de inmediato todas as residencias, realizando as probas de detección a todos os seus usuarios e traballadores, e garantindo transparencia absoluta e a colaboración total co Goberno do Estado”, concluíu o voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas.
Pola súa banda, Martiño Noriega, voltou lembrar que “unha das peores decisións de Feijóo foi a de privatizar as residencias para as persoas maiores, ben directamente desde a Xunta, ben pola súa fracasada operación de fusión das caixas de aforro”.
“Quen consiga ver máis alá da propaganda institucional do rexime de Feijóo poderá ver un país no que o ratio de prazas en residencias e do 3,05% sobre os maiores de 65 anos, moi por debaixo da media estatal, e cun 65% das prazas en mans de empresas privadas”, declarou Noriega, mencionando o informe de fiscalización do Consello de Contas do ano 2015.
Ese informe resaltaba que “o número de persoas que accederon a prazas residenciais a través do sistema de emerxencia social pasou de ser unha excepción a ser o sistema máis empregado para o aceso ao servizo”.
Noriega concluíu que nos atopamos “nunha situación límite de emerxencia sanitaria, mais tamén de emerxencia social”. “Son as consecuencias de dez anos de Goberno pensando no interese da empresa privada en vez de pensar no interese do ben común”. Porr iso “compre reclamar un novo modelo que siga as mesmas recomendacións que fai o propio Consello de Contas cando indica que “é necesario incorporar máis prazas públicas residenciais no sistema de servizos sociais de Galiza”.
Un novo modelo que revirta a desmantelación do sistema galego do benestar “que ademais de estar a ser privatizado tamén reduciu un 7,1% en gastos de persoal como o propio informe indica”.
Noriega finallizaou resaltando a importancia da “defensa do público como garantía de coesión social e non só do benestar dos nosos maiores, senón do conxunto da sociedade”.
Pola súa banda, a voceira e deputada Eva Solla subliñou denunciou a nula vontade fiscalizadora da Xunta cos centros privados indicando que “Feijóo deixa en mans das empresas privadas a vida das nosas persoas maiores, privatiza os servizos e non exerce control público sobre eles, o que ainda agrava máis esta situación e precariedade”.
Tal e como recolle o informe fiscalizador do Consello de Contas do 2015 a candidata manifestou que “a pesar das incidencias detectadas na inspección de control destes centros privados, tanto en materia de persoal como de deficiencias nos protocolos de funcionamento, estas irregularidadesnon se corrixiron e non se iniciaron expedientes sancionadores.”
Solla concluíu declarando que “diante desta realidade, é inadmisilble que a acción fiscalizadora da administración pública se reduza simplemente a exercer a inspección mais que non se procure correxir as deficiencias, o que provoca que a acción de fiscalización pública sexa nula na súa efectividade”, engandido que “compre aumentar o ratio do persoal de atención directa, diferenciar o persoal segundo as súas funcións por categorías profesionais, dar un uso adecuado ás instalacións e correxir os protocolos de funcionamento introducindo o rigor nos seus rexistros” medidas toda que reverterán na “mellora e calidade deste servizo público”.






















Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



