Lugo, 23 de abril de 2020. O portavoz do grupo provincial do PP, Javier Castiñeira, prosigue a súa rolda de contactos con representantes dos sectores produtivos de Lugo, con fin de coñecer de primeira man as necesidades de cada un deles, de modo que a Administración poida artellar as medidas de axuda máis eficaces para a reactivación da economía. Nesta rolda de conversas telefónicas, un dos interlocutores foi o presidente do comité de Alcoa-San Cibrao, José Antonio Zan, que, entre outros aspectos, expuxo a súa preocupación pola falta de cumprimento ata o momento dos compromisos en relación cos traballadores das ETT de Alcoa, que son os que sofren máis intensamente as consecuencias da redución da produción.
Despois de escoitar a Zas, o portavoz provincial do PP anunciou que o seu grupo presentará unha iniciativa na Deputación, co fin de que esta institución se dirixida a dirección de Alcoa para expoñer a necesidade de que se manteña a práctica habitual en relación coa incorporación do persoal contratado por medio de ETT. Esta nova iniciativa súmase as xa defendidas polo PP na Deputación para garantir o futuro de Alcoa-San Cibrao, unha industria fundamental para A Mariña, en concreto, e para a provincia de Lugo no seu conxunto. Castiñeira di que o PP quere e confía en que os traballadores manteñan as mesmas condicións que ata o momento.
Na mesma conversa co presidente do comité quedou claro que a preocupación dos traballadores polo futuro da empresa é moi grande, pese á baixada do custe da enerxía eléctrica ao fío da crise sanitaria e das súas repercusións económicas.
O portavoz do PP na Deputación, Javier Castiñeira, declarou: “O Partido Popular ten demostrado con total claridade o seu apoio á continuidade de Alcoa-San Cibrao e aos seus traballadores. Agora daremos un paso máis, atendendo á preocupación expresada polo presidente do comité de empresa, e defenderemos unha nova iniciativa na Deputación. Espero que o goberno provincial, presidido polo socialista José Tomé, apoie sen dúbidas a nosa proposta e non enrede como fixo en anteriores ocasións”.
Castiñeira tamén dixo: “De momento, o Goberno presidido por Pedro Sánchez nada eficaz fixo para garantir o futuro de Alcoa-San Cibrao, se ben é certo que, conxunturalmente, a baixada do prezo da enerxía eléctrica constitúe un alivio temporal; no PP seguiremos demandando a aplicación das medidas necesarias para que Alcoa-San Cibrao siga adiante por moitos anos”.



















Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



