Lugo, 13 de abril de 2020.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, confía en que “as mascarillas enviadas polo Executivo servirán para que todos os lucenses que precisen utilizar o transporte colectivo para desprazarse ao seu posto de traballo dispoñan deste elemento para protexerse”. Así o manifestou hoxe á subdelegada ao comezar o reparto das mascarillas enviadas polo Goberno con destino aos traballadores que non poden teletraballar e deben empregar o transporte público para acudir ao seu posto de traballo.
Isabel Rodríguez explicou que “a primeira hora da mañá comezamos a distribución das mascarillas que proporciona o Goberno aos traballadores. Esta fin de semana recibimos 74.000 mascarillas para os lucenses e hoxe, ás 6.40 horas, empezou o reparto, que se está a facer nos principais puntos de transporte público da provincia”.
A distribución faise nas estacións de autobuses e do tren das principais localidades da provincia, así como en lanzadeiras e paradas de buses urbanos, atendendo aos usuarios das liñas que dan servizo aos polígonos do Ceao, As Gándaras, As Arieiras e o HULA, entre outros destinos.
Ademais de na cidade de Lugo, repartiuse este material sanitario en localidades como Monforte de Lemos, Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Vilalba, Chantada e Sarria.
A subdelegada lembrou que, como xa aclarou o Goberno, o uso das mascarillas “non é obrigatorio, pero sí recomendable” e destacou a necesidade de que todos nos impliquemos na loita contra ao virus.
Rodríguez puxo de manifesto, neste sentido, a importante colaboración das distintas institucións para chegar ao máximo posible da poboación traballadora e agradeceu o esforzo de todas as persoas que colaboran no reparto deste material sanitario.
O reparto estase a facer, baixo a coordinación da Subdelegación do Goberno, coa participación da Policía Nacional e da Garda Civil e contando co apoio de policías locais e agrupacións municipais de protección civil.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



