Barreiros, 13 de abril de 2020. A alcaldesa de Barreiros vén de dirixir un escrito ao conselleiro de sanidade e ao vicepresidente da Xunta para trasladar a necesidade de artellar un método de reparto de máscaras controlado e eficiente nos concellos galegos.
O escrito recolle que o reparto que se realiza en transportes colectivos para as persoas que se desprazan neles aos seus postos de traballo son ineficaces no concello de Barreiros, por carecer dunha rede de transporte público que as traballadoras e traballadores utilicen para acudir aos centros de traballo.
Nese sentido, instan á Xunta de Galicia a artellar un sistema controlado mediante a utilización da tarxeta sanitaria en colaboración coas farmacias, ás que debe garantírselle material suficiente para atender as necesidades da poboación.
Segundo manifesta o executivo local “cómpre artellar unha solución alternativa, na que a administración autonómica xestione e garanta o acceso das persoas que o precisen ao material de protección para o desenvolvemento da súa actividade vital ou laboral, evitando que se produzan actitudes de acopio das mesmas por parte de persoas ou empresas.”
Ana Ermida traslada a “disposición do Concello de Barreiros para artellar un sistema de reparto obxectivo e controlado, sen caer en repartos indiscriminados, dado que neste momento non existe marerial suficiente dispoñible para garantir o acceso universal da poboación” e entendendo que “debe priorizarse o reparto por necesidades obxectivas de contar con material.”
A obriga de permanecer nas casas segue vixente.
A alcaldesa aproveita para lembrar que “as indicacións seguen a ser as mesmas que cando comezou o estado de alarma. A xente debe permanecer nas súas vivendas e as saídas das mesmas só deben realizarse por motivos laborais ou cuestións de necesidade.”
Ana Ermida insiste tamén en que “todas as persoas maiores ou de risco por ter enfermidades crónicas deben permanecer nas súas vivendas e para iso contan con servizos municipais para cuestións básicas como a realización de compras de alimentación ou medicamentos que poden solicitar chamando ao 608.038.952”




















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



