A programación inclúe cursos de natación para público infantil e adulto, con diferentes grupos adaptados aos distintos niveis, así como clases de Aquagym
Cervo, 3 de setembro, 2026. O Concello de Cervo abrirá este venres, 4 de setembro, o prazo de inscrición para os cursos da piscina municipal correspondentes á nova tempada 2026-2027.
A programación inclúe cursos de natación tanto para público infantil como adulto, con diferentes grupos organizados en función do nivel de natación, co obxectivo de adaptar as clases ás necesidades e características das persoas participantes. Ademais, tamén se impartirán clases de Aquagym.
As fichas de inscrición deberán realizarse de forma presencial na piscina municipal, onde tamén se facilitará toda a información relativa aos grupos, horarios e funcionamento dos cursos.
O criterio de admisión establecerase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Cervo.
Desde o Concello de Cervo animan á veciñanza a participar nesta programación deportiva, que permite promover a práctica da actividade física e os hábitos de vida saudables entre persoas de diferentes idades.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, destaca que “desde o Concello de Cervo seguimos apostando por ofrecer á nosa veciñanza actividades deportivas variadas e de calidade, facilitando o acceso á práctica deportiva e promovendo hábitos de vida saudables”.
Os cursos da piscina municipal contan cada ano cunha moi boa acollida e permiten que tanto as crianzas como as persoas adultas poidan practicar natación e outras actividades acuáticas adaptadas aos diferentes niveis e necesidades.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



