Burela, 22 de abril de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, fixo un balance positivo do encontro que mantivo este mediodía con representantes de Acia Burela. O Concello estudará como minimizar o impacto que o Covid-19 terá no sector empresarial da localidade. Llano adiantou que podería condonarse ou fraccionarse o pago dalgunha taxa ou imposto e aludiu á posible compra dunha máquina desinfectadora de ozono.
O rexedor contou que “o que fixemos foi ver como podemos axudar da mellor maneira posible, contando co Concello como un colaborador, como debe ser, para minimizar a repercusión negativa que poida ter esta pandemia do coronavirus. Hoxe estivemos falando das preocupacións que temos todos e loxicamente o sector comercial preocúpanos. Desde o Concello vamos estar con eles, que nos indiquen as súas necesidades e iremos aportando, dentro das nosas posibilidades, todo o que poidamos”.
Llano explicou que “en principio quedamos en destinar unha partida específica para axuda directa ao pequeno comercio e aos autónomos de Burela. Imos ver que contía vai ter porque se van negociar esta semana co Goberno central, tanto a FEMP como a FEGAMP, os termos en que podemos incorporar os remanentes ou a liquidación positiva do ano pasado e como podemos enfocar o gasto. Porque pode haber directamente para o tema comercial e industrial; para atender cuestións sanitarias como o material que se precisa, tanto mascarillas como líquido desinfectante ou calquera outro; e por outro lado para as emerxencias sociais. Hai que buscar a maneira de destinar unhas partidas específicas para todos estes temas e concretamente para o comercio”.
O alcalde manifestou que “quedamos en facer máis reunións, teremos outra a próxima semana, na que iremos concretando xa máis cousas. Falamos tamén das posibilidades que ten o Concello con respecto a condonar ou fraccionar o pago de taxas e impostos. Estámolo mirando tamén por un lado coa Deputación porque moitos dos impostos municipais cóbranse desde o organismo provincial; e tamén cos técnicos do Concello para arbitrar medidas e fórmulas que sexan beneficiosas para as partes. Podemos fraccionar algún imposto e algunha taxa e o que se poida farase. Vamos procurar que o IBI, por exemplo, se fraccione en tres pagos en vez de en dous e retrasar un pouco o primeiro cobro. Vamos buscar a mellor maneira de poder cooperar cos socios da ACIA e co resto dos negocios de Burela todo o que poidamos, dentro das nosas posibilidades”.
Alfredo Llano anunciou que “ademais imos mirar xa mañá se é posible comprar unha máquina desinfectadora de ozono para que rote por todos os negocios que pidan desinfectar os seus locais. Imos mirar prezos e características destas máquinas e a ver se podemos acadar unha, co único propósito de favorecer a rotación desta máquina polos diferentes establecementos que o soliciten”.
E engadiu: “quedamos en volver reunirnos e ir mirando a ver se sae xa esta semana ou a principios da que vén unha fórmula para que poidamos sacar unha parte do remanente e a onde se pode destinar e de que maneira porque isto ten que estar normalizado e aprobado por normativa do Goberno para poder axudar aos pequenos empresarios e autónomos do noso concello”.






















Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



