Santiago de Compostela, 25 de Abril 2020. O BNG aposta claramente por unha desescalada deseñada desde Galiza para saír progresivamente do confinamento e afrontar as consecuencias da crise con medidas adaptadas á realidade do país. Por contra, rexeita unha visión uniforme e centralista sen ter en conta a diversa situación dos territorios, incluso en termos epidemiolóxicos. Pero a estratexia debe ser pactada no Parlamento, posición que a portavoz nacional, Ana Pontón, vai transmitir ao presidente da Xunta no encontro que este domingo está previsto coas forzas políticas.
“Defendemos unha desescalada galega consensuada no Parlamento entre toda as forzas políticas para ter unha posición de país que nos permita loitar contra as consecuencias tremendas en termos sanitarios, económicos e sociais da pandemia” recalcou Pontón, “non queremos que as presas ou a falta de análise boten a perder o que conseguimos con tanto esforzo neste 40 días de confinamento, por iso a desescalada non se pode improvisar nunha rolda de prensa”.
O consenso, a colaboración para actuar con eficacia nesta crise sen precedentes é, para o BNG, esencial, quen denuncia a incoherencia dun PP que fai en Galiza o contrario do que reclama en Madrid.
“Non se entende que o PP propoña unha comisión no Congreso para deseñar unha desescalada, mentres que aquí Feixóo escape da sede da soberanía popular”, subliñou, tras insistir en que a posición do Bloque é clara á hora de defender unha “desescalada galega adaptada á nosa realidade e non desde unha óptica centralista”. Pero esa estratexia “ten que ser pactada no Parlamento con todas as forzas políticas porque precisamos unha posición de país para sacar adiante Galiza tras esta pandemia, unha estratexia de des-confinamento que teña en conta a nosa realidade, a nosa dispersión, como nós afectou o coronarivus e optando polas medidas que mellor se adapten ao noso contexto”.
A líder nacionalista volveu criticar a ausencia do xefe do Executivo da Cámara lexislativa: “non é de recibo que no medio desta pandemia fuxa do Parlamento e debe ter claro que non se pode gobernar Galiza desde unha pantalla de televisión, non queremos un telepresidente, queremos que haxa diálogo no Parlamento galego, que se analicen as propostas e que se pacten para sumar polo ben do País e isto é o que lle imos trasladar na reunión prevista este domingo cos partidos políticos”.




















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



