Mondoñedo, 11 de abril do 2020. Logo do comunicado desta semana do goberno municipal no que se anunciaba a adquisición de 4000 mascarillas de protección co gallo entregar unha a cada veciño e unha vez que xa se comezou a repartir o material de protección, o BNG de Mondoñedo pídelle prudencia á equipa de goberno xa que non consideran lóxico que se estean distribuíndo mascarillas de un só uso por persoa de forma indiscriminada e sen criterios obxectivos de necesidade nun contexto de estado de alarma que obriga a un confinamento de toda poboación nas súas casas e mentres o sistema socio-sanitario galego que presta un servizo esencial e prioritario non conta con suficientes equipos de protección para o desenvolvemento do seu traballo durante a súa xornada laboral.
Eloi Cabanas, Voceiro do BNG no concello pide unha reflexión e suxire que as mascarillas se poñan a disposición das persoas que verdadeiramente teñen a necesidade de usalas e non das que non teñen a obrigatoriedade de levalas.
Segundo o BNG, a mellor protección é quedar na casa para evitar riscos innecesarios, “non sabemos o que vai durar esta situación e de facerse efectiva no seu momento de forma oficial a recomendación ou a obriga de saír á rúa con máscara, as autoridades sanitarias deberían garantir o subministro suficiente das mesmas e a un prezo razoable”.
O BNG lembra que fai tes días o Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, pedíalle ao Ministerio de Interior un protocolo único no caso de que se amplíe a máis poboación a recomendación do uso das máscaras porque, “ante circunstancias como a actual pandemia de coronavirus, é precisa unha postura coordinada do uso deste material a nivel estatal” así que non ten moito sentido que o concello reparta agora este material que só vale para unha única saída á rúa cando a Xunta de Galicia está recoñecendo que non sabe como actuar.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



