Viveiro, 20 de abril, 2020. O BNG de Viveiro vén de solicitar información ao Concello sobre as medidas de control medioambiental, de calidade do dragaxe e vertido na praia de Covas, dentro do seu ámbito de competencias. Como é sabido, a zona de dragaxe leva décadas exposta a importantes niveis de contaminación, ben por actividades portuarias (aceites, combustíbeis, pinturas, plásticos…) ben por vertidos incontrolados, como é o caso de numerosos puntos na zona do porto deportivo e o emisario en xeral con diferentes roturas entre Viveiro e Celeiro.
A voceira do BNG, Miriam Bermudez, indicou que “o vertido de area na Praia de Covas deberá exixir dun escrupuloso seguimento medioambiental e de calidade por parte do Concello. Ademais as obras poderían afectar a puntos de captación de auga e aos recursos marisqueiros e pesqueiros. Se ben é unha actuación necesaria para o noso Concello, mais é fundamental garantir o beneficio para toda a veciñanza e medio ambiente. Non podemos permitir un novo destrozo difícilmente reversíbel na ría, tras décadas de vertidos e recheos.”
No escrito presentado, o BNG de Viveiro soliticita información sobre se o Goberno municipal designou, tras a comunicación de inicio da obra, a persoal técnico para realizar un seguimento medioambiental, dentro do ámbito das súas competencias. Cremos que é importante formar parte do “programa de vixiancia ambiental” velando polos intereses do noso Concello e aportando maior transparencia e información nunha obra tan relevante.
Por outra banda, preguntamos se están plantexadas actuacións de control independentes e, de non ser o caso, solicitamos que se realicen pois poderían producirse danos moi graves como presenza de lodos na praia, metais paseados ou residuos orgánicos.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



