Santiago de Compostela, 11 de Abril 2020. A crise do coronavirus provoca consecuencias económicas sen precedentes especialmente graves en colectivos como o pequeno e mediano comercio e no dos traballadores e as traballadoras autónomas. Para paliar a situación e axudar a pasar a travesía, o BNG propón unha serie de medidas como axudas directas para compensar o período inactividade forzada ou atrasar o inicio das rebaixas cando menos ao mes de agosto, unha vella demanda do sector que nas actuais circunstancias cobra máis sentido que nunca.
“Hai que atender o S.O.S que está lanzando o pequeno e mediano comercio do país que xa viña sofrendo unha crise que se fai máis aguda polas consecuencias económicas derivadas do coronavirus”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, enumerando tres medidas concretas que formula o BNG.
“Atrasar o inicio das rebaixas como mínimo un mes para que empecen en agosto e non en xullo, – o período formal é entre o 1 de xullo e o 30 de setembro-; aportar recursos directos para compensar as perdas desta parálise e, neste sentido, pensamos que a Xunta debe poñer en marcha axudas para a persoas autónomas por valor de 2.000 € nun pago único”, explicou a líder nacionalista. Igualmente, “no medio e longo prazo reverter as medidas de liberalización tanto en descontos como en horarios que só benefician ás grandes multinacionais que controlan as superficies comerciais pero van contra os intereses dese pequeno e mediano comercio que é vital na economía do país, vital no dinamismo económico das vilas e cidades”, sintetiza Pontón.
As asociacións de comerciantes levan tempo reclamando límites na liberalización dos períodos de rebaixas e unha regularización que favoreza as vendas no comercio de proximidade fronte as grandes superficies. Hoxe está demanda ten especial importancia para a supervivencia de milleiros de empregos, de aí a proposta do BNG para evitar que o inicio da actividade coincida coa obriga de ir as rebaixas e, por contra, o comercio teña tempo para a planificación e reactivación económica.
En Galiza hai unhas 210.000 persoas que traballan como autónomas e tras un encontro coas organizacións máis representativas deste colectivo o BNG lanzou unha batería de medidas e propostas.
Entre elas, eliminar a cota de autónom@ durante un período inicial de 3 meses, “a ingresos cero, cotizacións cero”, en palabras da portavoz nacional; unha axuda directa de 2.000 € por parte do Executivo galego para os casos en que as persoas autónomas se visen obrigadas a pechar ou reducisen de xeito importante os seus ingresos, axudas que deben ser compatíbeis coas do Estado.
Suprimir o pago do alugueiro ou das cotas da hipoteca durante o período non traballado e aplicar unha quita do 50% nos tres meses seguintes á reapertura da actividade. Estas axudas deben ser extensíbeis ás persoas autónomas colaboradoras. Reducir burocracia para axilizar a tramitación de axudas e liñas de crédito aprobadas e garantir con medidas de control que a liquidez inxectada á banca chega a este colectivo e, tamén en materia impositiva, atrasar os pagos de Facenda para non ter que realizar agora nin a declaración trimestral do IVE ni do Imposto de Sociedades.
En aras de facilitar a chegada de axudas públicas, o BNG propón que poidan solicitase por todos os e as autónomas que sufran unha caída do 50% na súa facturación mensual, -en países como Dinamarca é do 30%-, ao tempo que sinala que a subvención media de 660€ prevista é insuficiente en moitos casos mesmo para cubrir gastos básicos de alugueiro, hipotecas ou facturas de servizos, de aí a proposta de que Xunta complemente cunha aportación de 2.000€.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



