Viveiro, 25 de abril, 2020. A situaciòn de crise sanitaria provocada polo coronavirus que estamos a vivir obrigounos a todxs a adoptar e extremar as medidas de hixiene e limpeza entre outras, tanto no ámbito privado como público, para evitarmos o contaxio e preservar así a saúde das persoas.
Trala aprobación do decreto do Goberno do estado español, no que se detallaban as normas do estado de alarma, o Banco de España informaba de que as entidades bancarias garantirían o servizo a través das sucursais, caixeiros e sistemas por internet, como tamén pedían á clientela que empregasen a tecnoloxía para evitar o acceso ás oficinas. Tamén aseguraba e confirmaba o Banco de España, a plena operatividade das redes de caixeiros automáticos que permitirían a disposición de diñeiro en efectivo e o acceso a parte da operativa básica sen necesidade de acceder ao interior das sucursais.
Desde a data da declaración de Emerxencia Sanitaria en Galiza e a entrada en vigor do estado de alarma, puxéronse en marcha os protocolos de acceso as oficinas bancarias adoptándose medidas de limpeza recomendadas polas autoridades a fin de minimizar os riscos de contaxio, sen embargo no BNG de Viveiro cremos que os caixeiros automáticos conteñen superficies potencialmente contaminadas e polo tanto de alto risco de contaxio e propagación do virus, ao seren espazos moi concurridos ao longo das 24 horas, e que non se extremaron as medidas de protección suficientes para minimizar o risco de contaxio.
Por todo isto, desde o BNG viverense vimos de contactar con cada unha das entidades bancarias de Viveiro, a fin de preservar, previr e garantir a saúde e seguridade dxs usuarixs, solicitándolles un maior esforzo na prevención de contaxio nos caixeiros automáticos extremando as medidas e adoptando medidas de protección para previr a propagación do virus a través da instalación, por exemplo, de dispensadores de xel antibacterial, luvas, papel, ou calquera outro elemento de protección recomendado polas autoridades sanitarias.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



