Mondoñedo, 04 de abril de 2020. O Concello mindoniense cumpre estritamente as disposicións para evitar contaxios nesta grave crise por coronavirus que sofre o país e mantén operativos todos os servizos precisos para atender aos veciños nesta conxuntura. Pero, ao mesmo tempo, e por medio do teletraballo, aproveita para avanzar con rapidez en trámites necesarios para ter todo a punto para estar en condicións de desenvolver os seus proxectos en canto se supere a crise, co fin de recuperar e fortalecer o pulso económico do municipio. Algunhas desas intervencións prevense na Área Rexurbe; para completar a súa tramitación só faltaba, o Plan de Dinamización, que acaba de ser remitido á Xunta. É un paso máis no desenvolvemento do proxecto de cidade que ten o goberno municipal, e forma parte da súa estratexia nos planos urbanístico, económico e social.
Co Plan de Dinamización, segundo se indica na propia documentación, preténdese seguir avanzando mediante a Área Rexurbe na rexeneración e rehabilitación que Mondoñedo xa iniciou. Para elo fíxanse obxectivos a curto, medio e longo prazo e integra actuacións e medidas propostas considerando aspectos económicos, sociais, culturais, ambientais, empresariais e tecnolóxicos. Trátase polo tanto, non só de rehabilitar e recuperar espazos, senón, como se indica no propio plan, de darlles contido, de ocupalos, de xerar actividade, de facelos atractivos para a iniciativa empresarial e comercial, así como para as novas xeracións que queiran asentarse no municipio. E sempre buscando a colaboración entre o privado e o público.
A delimitación da Área Rexurbe inclúe 10 edificios en estado ruinoso, 27 en mal estado e outros 142 en condición deficientes. O estímulo a intervención na parte en peor estado do parque inmobiliario, complétase, no aspecto urbanístico, con actuacións públicas, acollidas as facilidades que dá a declaración de Área Rexurbe, nos entornos urbanos.
As intervención urbanísticas son tres. Por un lado, a ampliación do acceso por Rocha de Vélez e os Castro e un aparcadoiro; o obxectivo é mellorar os servizos e os acceso á parte alta da cidade e ás vivendas desta zona, contribuír á consolidación do Centro San Rafael, a desconxestión do tráfico dentro da área urbana do conxunto histórico e ampliación do número de prazas de aparcadoiro na contorna do centro urbano para facilitar a mobilidade peonil na cidade. O custe estimado é de 499.286 euros.
Doutro lado, a ampliación e mellora do Camiño da Valada (enlace entre Río de Xisto e os xulgados), con dotación dos servizos propios dunha área urbana. Con esta ampliación daríase servizo aos Xulgados de Primeira Instancia de Mondoñedo, á zona da Alcántara, ao centro da cidade e ao aparcadoiro localizado na antiga horta do Convento da Alcántara. O orzamento é de 300.000 euros.
Por último, o plan inclúe as obras de rehabilitación da Capela da Orde Terceira na Alcántara. No propio documento se indica que a rehabilitación deste espazo suporá poñer fin ás obras nesa zona, na que se concentran a Escola Municipal de Música, o Auditorio Municipal, o Albergue Municipal de Peregrinos, Os xulgados e o Centro de Interpretación do Camiño Norte. Orzamento: 200.000 euros.
As actuacións previstas inclúen o adecentamento de xardíns interiores, así como un parque infantil cuberto no casco histórico.
En canto ao orzamento, hai que destacar que alcanza os 5,8 millóns de euros, a executar no período 2020-2022. A estimación do custo das obras de rehabilitación sitúase en 3,7 millóns. Neste caso, a Administración pode financiar ata o 40% dos custe das obras, sen IVE, cun límite máximo por edificio de 200.000 euros. O importe dos traballos de urbanización superarán o millón. Os equipamentos e dotacións están estimados en 285.000 euros e as intervención en locais comerciais, 375.000. O custe dos equipos técnicos e de xestións calcúlase en 400.000 euros. Porcentualmente, á iniciativa privada corresponderalle aportar o 42,2%, mentres que entre Xunta e Concello cubrirán o resto.
O plan inclúe igualmente o apoio á iniciativa privada, de modo que se prevén axudas para mellora de baixos comerciais e actuacións similares para potenciar e promocionar o comercio de proximidade. A aportacións pública a estas iniciativas é de 150.000 euros.
Á hora de deseñar este plan tívose en conta que debe ser un documento “vivo”, que poida ser corrixido se se detectan posibles erros ou para incorporar novos obxectivos e retos. Por este motivo, constitúese unha comisión de seguimento, que se reunirá como mínimo cada seis meses, e emitirá informe sobre o desenvolvemento do plan. A petición desta comisión realizaranse enquisas para coñecer o grado de satisfacción co plan, recoller propostas e detectar necesidades.



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



