Viveiro, 24 de Abril de 2020. O Partido Popular de Viveiro, fai un rogo ao Equipo de Goberno, para que teñan a ben colocar as Bandeiras Oficiais de España, Galicia e Viveiro, que ondean no balcón do edificio do antigo Concello da Praia Maior a medio mastro e cun crespón negro en memoria dos máis de 21000 españois que faleceron debido ao coronavirus. E que o ondeo a medio mastro esténdase a todos aqueles lugares do Concello de Viveiro onde haxa colocadas bandeiras oficiais.
Esta solicitude realízase tendo en conta que non existe ningunha regulación autonómica nin local que impidan colocar as súas bandeiras a medio mastro en sinal de loito.
O noso pobo por desgraza non pode escapar desta tremenda traxedia que está a invadir o mundo enteiro, e este é un pobo solidario e agradecido e que sabe poñerse na pel desas familias e tentar mitigar esa dor.
Neste sentido, o Partido Popular de Viveiro entende que se debe decretar o loito oficial, polo menos, ata que termine a pandemia “xa que é necesario que lembremos a quen xa nos deixaron vítimas do coronavirus e para iso serven simples xestos, pero moi simbólicos e que visualizan a dor dun pobo”.
Entendemos que este pequeno símbolo, pode servir de axuda a todas aqueles que perdesen a un familiar, amigo ou simplemente coñecido, e que non puideron ter un velorio para dar o último adeus, que sumado á impotencia de non ter a día de hoxe ningunha media eficaz para erradicar este virus, por iso entendemos que este pobo quere poñer un gran de area e arroupar desde o distanciamento social establecido polas autoridades sanitarias.
Tamén queremos que con este acto móstreseo noso máis sincero recoñecemento e agradecemento a todo o Persoal Sanitario, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Policía Local, Bombeiros Transportistas, Supermercados e todos aqueles que están a traballar para canto antes se poda levantar este confinamento e ao pouco volver á normalidade, coa maior das garantías posibles.
Cremos que este acto pode servir como testemuño da dor e en sinal de duelo, respecto e solidariedade ante a perda de vidas humanas, producidas como consecuencia do Covid19.




















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



