Burela, a 17 de abril de 2020.- O Grupo Municipal do Partido Popular (GMP) burelés valora “moi positivamente” o incremento de horas de Servicio de Axuda no Fogar (SAF) que a Xunta de Galicia lle concede ao Concello de Burela. “Se ata agora o número total de horas por mes era de 2.788, agora será de 4.593, o que supón un incremento de preto do 65%, incremento moi considerable que debemos xestionar con seriedade e rigor pero sen demora”, destaca.
O voceiro popular, Manuel Rouco, demanda do alcalde “máxima axilidade na distribución destas 1.805 novas horas de SAF. O Concello conta con persoal moi cualificado no departamento de Servicios Sociais, polo que calquera demora que se produza será achacada á desidia do alcalde e do seu goberno”, afirma. Rouco considera que “hai demanda máis que sobrada para esas horas, así que é obriga do alcalde e do seu goberno distribuílas canto antes”.
LLANO, DESLEAL
Manuel Rouco sinalou que “Llano demanda dos demais a lealdade que el non aplica”. Proba delo, apunta, “é que semella apropiarse, na súa última nota de prensa, da adquisición de ordenadores que a Xunta envía ao IES ‘Perdouro’, o que nos parece inadmisible. Ademais, non lle viría mal falar algo máis cos autónomos e pequenos empresarios para coñecer de primeira man cales son as súas demandas, para non quedar en evidencia”, conclúe.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



