
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Burela, 24 de abril de 2020.- Dende o PP de Burela manifestan que “o alcalde Llano non aburre a ninguén, o último exabrupto consiste en sacar peito da súa incapacidade de xestión”. Así o declara a vicevoceira popular, Yovana Oroza, pois o rexedor “anunciou o pleno dos presupostos en febreiro, logo en marzo e, ultimamente, o 16 e o 30 de abril”. E, “finalmente, o pleno clave para o funcionamento anual do Concello, será case que a mediados de ano, engordando así o retraso administrativo que arrastra a casa consistorial”, indica Oroza.
E segue, “o tan anunciado pleno telemático, como non, xa hai case que un mes, vai a servir agora para aprobar o contrato de recollida do lixo e limpeza viaria máis caro da historia”. “Concretamente, uns 120.000 euros máis caro ca o anterior, que xa era caro de por si”, e isto “non tería maior importancia se non fora polo contexto de crise socioeconómica que estamos a vivir”.
Ás sorprendentes declaracións feitas polo titular municipal, “agora mesmo corresponde ser rigorosos cos temas de medio ambiente e nós queremos estar aí tamén”, a popular lémbralle que “menos mal, cando parece ser que non tocaba ser moi rigorosos co medio ambiente foi cando, por exemplo, por non levar a cabo o mantemento do emisario do Porto que provocou que Burela perdera a súa bandeira azul na praia do Portelo”.
E por último “resultan, non menos sorprendentes, as súas declaracións que, despois de máis dun mes da declaración do estado de alarma, o goberno local estudará como minimizar o impacto que o Covid-19 terá no tecido empresarial de Burela”. “Ao que nós engadimos, non era sen tempo, se Llano espera un pouco máis ao mellor os empresarios de Burela son capaces de saír da crise sen que el, coma sempre, faga o que se espera del, absolutamente nada”, sentencia Oroza.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



