Viveiro, 08 abril de 2020. A crise sanitaria provocado por COVID-19 afecta profundamente a todos os aspectos da actividade da sociedade e sinaladamente ao curso académico. A imposibilidade, polo menos a curto prazo, da docencia presencial fai necesario que todas as administracións aporten os recursos precisos para que os estudantes, independentemente do lugar no que residan ou das súas condicións económicas, dispoñan dos medios técnicos para seguir o curso por medio das novas tecnoloxías. O grupo municipal do PP propuxo ao goberno de Viveiro que o Concello facilite aos estudantes residentes no municipio que o precisen conexión a Internet para que poidan manter a súa actividade en contactos telemático cos seus respectivos centros e profesores.
O Portavoz popular, Óscar Rodríguez, di que facilitar conexión a Internet a todos os estudantes de Viveiro que o precisen non é un gasto inasumible polo Concello, nin unha xestión que requira longos prazos. Hai fórmulas moi sinxelas para poñer en práctica esta medida, di o portavoz popular, que poden ser resoltas en moi breve prazo e con custe moi moderado. Esta iniciativa foi exposta o pasado venres no transcurso da reunión telemática celebrada polos portavoces municipais.
Rodríguez di que esta proposta do PP sería innecesaria se o goberno municipal realmente tomara en serio a importancia do uso das novas tecnoloxías da comunicación, que se fai tan evidente nesta crise sanitaria debido ao confinamento para evitar contaxios. Da incomprensible falta de interese do goberno que preside a socialista María Loureiro pola implantación das novas tecnoloxías da idea o feito de que non solicitou (recoñece que nin sabía da súa existencia) os fondos europeos dispoñibles, por medio do Ministerio de Economía, para estender no municipio o acceso a Internet, pese a que tal iniciativa (WIFI4EU) ten como obxectivo proporcionar conectividade wifi pública gratuíta aos cidadáns.

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



