Lugo, 13 de maio de 2020. A Deputación de Lugo celebrou a primeira mesa de contratación da súa historia vía telemática, unha sesión que foi retransmitida por streaming na canle de YouTube dos Servizos Audiovisuais da institución. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, subliña que esta fórmula permite avanzar nos procesos de contratación de obras, servizos e subministracións públicos que vén de reactivar a Deputación ao abeiro da decisión do Goberno central de levantar a suspensión deste tipo de procedementos, e facelo con garantías sanitarias para os participantes e con total transparencia.
A mesa de contratación, que tivo lugar onte martes, abordou dous expedientes. Por unha banda, a contratación do servizo de coordinación de seguridade e saúde das obras e servizos da Deputación de Lugo, a excepción das dependentes do Parque Móbil e Vías e Obras, que saíu a licitación por un importe de 57.630,76 euros e cunha duración dun ano, prorrogable por outro, e, por outro, o subministro de gasóleo tipo C para o funcionamento das instalacións térmicas dos diferentes centros da institución, que se licita por 45.980 euros por un ano, prorrogable por outro.
O Presidente lembra que a institución vén de reactivar os procedementos de licitación para contratar obras, servizos e subministracións públicos, o que supoñerá “un importante estímulo para a economía da provincia, para o tecido empresarial e, polo tanto, para o mantemento do emprego”, destacou, tendo en conta que, segundo recolle o Plan de Contratación aprobado polo Goberno provincial, a Deputación prevé sacar adiante neste ano máis de 200 contratos por un importe total de preto de 20 millóns de euros.




















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



