Burela, 11 de maio, 2020. Este luns 11 de maio foi convocado un pleno extraordinario e urxente, cun informe de secretaría no expediente aclaratorio sobre o proceder do pleno como órgano de contratación sobre a xestión do lixo, adxudicación que contara con mais votos en contra que a favor no pasado pleno.
Neste sentido, o voceiro do BNG, Mario Pillado destaca que “para o noso entender, a responsabilidade do que aconteceu con este procedemento é única e exclusivamente do goberno por non escoitalos grupos municipais de forma inexplicable estando nunha situación de minoría. A falta total e absoluta dunha planificación na xestión fai que este tipo de situacións se repitan no noso concello, como lle temos repetido ó señor alcalde ata a saciedade nos últimos anos”
Recordando os antecedentes Pillado di que “na emenda que presentábamos ó inicio do procedemento de contratación, fai agora xa mais dun ano, críamos que un contrato tan longo, de catro anos prorrogable a un, era demasiado para ter opcións reais de recuperar devandito servizo. Como tamén descoñecíamos nese intre o futuro político do noso concello críamos moi aventurado iniciar este proceso sen coñecer a configuración da nova corporación municipal. O tempo rematou dándonos a razón”
Os nacionalistas interpretan as consecuencias para a veciñanza que se relatan no informe
Cos respecto ó informe de secretaría, sostén o voceiro nacionalista, “ dinos que por tratarse deste momento no procedemento, as consecuencias de non adxudicalo contrato derivarían en posibles recursos por parte dos licitadores, con indemnizacións a cargo das arcas municipais ademais de que o posible recurso da licitadora proposta prosperaría no correspondente tribunal recibindo deste feito a adxudicación do contrato” quen continuou asegurando que “o armazón legal creado polo PP cando gobernou no estado e permitido polo PSOE, protexe a privatización e ocasiona este tipo de disxuntivas. É dicir, se nunca se tivera privatizado o servizo nunca estariamos ante esta problemática. Unha vez mais, o tempo danos a razón acerca da nosa defensa da xestión pública dos servizos”
Por outra bando Pillado quer aclarar que “dende o BNG tamén defendemos que non é positivo xudicializar a política, tendo en conta que este proceso xa estivo sometido a recursos e a sentenzas de tribunais vímonos na obriga de absternos posto que o que pensamos confronta coas consecuencias das que se nos informan e nos, e sobre todo, traballamos polo interese da veciñanza de Burela e da administración local”
O BNG de Burela insta ó alcalde a non repetir este tipo de situacións
Como xa fixeron o pasado 30 de Abril, os nacionalistas recórdanlle ó alcalde que estas situacións non se pode repetir e que dada a situación política corresponde dos grupos políticos ter a madurez suficiente pero sobre todo corresponde ó alcalde de Burela, quen ten a obriga de tomar a iniciativa, tentar chegar a acordos para que a nosa vila avance.
En verbas de Mario Pillado “coincidindo que hoxe entramos na Fase 1 da desescalada podemos asegurar que polo de agora Alfredo Llano estivo instalado na Fase 0, confinado e sen acordar nada con ninguén. Como fai algo mais dunha semana que lle veu as orellas ó lobo, desconfinouse e, previo paso polo muro das lamentacións, tomou a iniciativa para convocar este pleno. Eu recoméndolle que pase á Fase 1, onde o agardamos. Así será mais sinxelo que poidamos seguir avanzando fases, porque nesta singular desescalada a quen mais lle convén seguir avanzando fases é ó alcalde e o que todos queremos é que cheguemos, paseniño mais de xeito seguro, ó fin obter, dunha vez por todas, a nova normalidade para o concello de Burela”


















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



